Dam-Csifc02-Fol-Fol02Tema
Orientacións alumnado
Na primeira unidade afondaches un pouco máis nos estudos que elixiches, viches as saídas profesionais e os requisitos da profesión. Como has lembrar, entre eses requisitos estaba o de saber traballar en equipo. Xa que logo, como complemento da unidade anterior, propómosche que aprendas a traballar en equipo; paraiso deberás saber planificar e organizar o traballo de forma conxunta, deberaste afacer a pensar en plural e cun obxectivo común e a aplicar técnicas para mellorar a comunicación cos demais; tamén deberás ter en conta que o traballo en equipo implica interacción cos demais, e que nesa interacción moitas veces se xeran roces e tensións que derivan en conflitos. Queres saber como abordar todo isto?ÍNDICE
UNIDADE DIDÁCTICA 2: OS EQUIPOS DE TRABALLO E A XESTIÓN DO CONFLITO
Utilidade do traballo en equipo o Traballo en grupo e traballo en equipo o Vantaxes e inconvenientes do traballo en equipo Formación dos equipos de traballo o Fases de creación dun equipo de traballo o Etapas polas que atravesa un equipo de traballo Eficacia nos equipos de traballo o Aspectos paraconseguir equipos de traballo eficaces A personalidade dos individuos Tamaño e estrutura Dirección e toma de decisións Cultura da empresa Obxectivos da organización Outros factores que inflúen na eficacia dun equipo de emerxencias o Comunicación eficaz Principios para unha boa comunicación oral Principios para unha boa comunicación xestual Principios para unha boa comunicaciónescrita Estratexias para mellorar a comunicación: escoita activa e feedback Estratexias para mellorar a comunicación: asertividade o Características dun equipo de traballo eficaz Participación dos membros dos equipos de traballo
O xefe de equipo Estilo de dirección e liderado que o xefe pode aplicar o Análise dos posibles papeis dos seus integrantes Traballo en equipo no sector dasemerxencias sanitarias o Tipos de equipos de traballo no sector O Conflito e os seus medios de resolución o Definición de conflito: características, fontes e etapas o Tratamento do conflito: métodos para a resolución ou a supresión entre as partes afectadas o Tratamento do conflito: métodos de resolución ou supresión con intervención dun terceiro
o
OBXECTIVOS
Valorar asvantaxes e os inconvenientes dos equipos de traballo fronte ao traballo individual relacionadas co perfil profesional. Determinar as características dun equipo de traballo eficaz fronte aos equipos ineficaces. Aplicar estratexias para lograr unha comunicación eficaz. Identificar os tipos de equipos de traballo que se poden constituír no sector das emerxencias sanitarias. Valorar positivamente anecesaria existencia de diversidade de papeis e opinións asumidos polos membros dun equipo. Recoñecer a posible existencia de conflitos entre os membros dun equipo. Identificar os tipos de conflitos e as súas fontes. Determinar procedementos para a resolución do conflito
RECOMENDACIÓNS PARA O ALUMNADO Para afrontares esta unidade recomendámosche o seguinte:
Primeiro le omódulo para ter unha toma de contacto co contido exposto nel. Os contidos da unidade poden resultar algo enleados e parecer que se está a dicir o mesmo; iso ocorre porque cando non se coñece unha temática se tende á simplificación. Para superar esta tendencia, que ás veces pode ocorrer, realiza unha segunda lectura comprensiva para afianzar os coñecementos sobre a materia tratando de relacionalo consituacións da túa vida cotiá. Responde ás autoavaliacións e á tarefa. Logo de realizadas as autoavaliacións e a tarefa, volve repasar o módulo, incidindo nos aspectos en que durante a realización da tarefa atoparas dificultades. Finalmente, realiza o exame. Por último, recomendámosche practicares o aprendido. Traballar en equipo supón a adquisición dunha serie de habilidades de organización e...
Regístrate para leer el documento completo.