Democracia Y Estructura

Páginas: 35 (8571 palabras) Publicado: 25 de abril de 2012
Unidade 3.

Democracia e Dictadura
(o problema da xente coa lei)
Dictadura da maioría (Hitler + EE.UU.)
Partes Constitución:
Declarativa: DD.FF (Estado de Dereito)
Organizativa: Imperio da lei (deberes e dereitos func.públicas-cidadás)
División vs. Concentración de poder
Poder Lexislativo: Parlamento, funcions, vías lexislativas, límites e controis
Poder Executivo: Goberno eAdministracións Públicas
Xefatura de Estado (función simbólica de valores e unidade da nación)
Poder Xudicial: límites e controis
Definición de Estado: soberanía, territorio e poboación.
Estado e nación.
Fontes de lexitimidade do poder:
Teocracia, autocracia e democracia.
Administración pública poder d estado
Administración funcional: Ministerios
Proceso constituínte
0. Introducción a Democracia.Puntos a comentar na frase de Winston Churchill, estadista inglés durante a I & II Guerra Mundial:

-‘A democracia é a menos mala das formas de goberno’ significa:
a) non existe ningunha forma de goberno perfecta (en todas hai algo que falla: ¿qué?)
b) a democracia é a forma de goberno preferible ante as demáis (pode haber maior control do ‘malo’: ¿cómo?)
1. Por qué non existe ningunha formade goberno perfecta. O problema da xente coas leis:
Porque a xente sempre pretenderá que a lei dictada polo gobernante os beneficie persoalmente ainda que perxudique así a igualdade de oportunidades dos demáis. Por exemplo, paisano que soborna a un político para que a carretera non pase pola súa leira e sí pola do seu veciño (ou sí pase preto do seu negocio, e non polo do veciño), ou pai que porinfluencias persoais soborna a un funcionario para que o seu fillo aprobe ou consiga un traballo, ou a súa empresa un contrato do goberno (fastidiando os demáis). As ambicións (o afecto por nós mesmos -egoísmo-) e os enchufes (os afectos polos nosos) son a orixe da corrupción en calquera forma de goberno. Fan trampas saltándose as regras de xogo que garantizarían a igualdade de oportunidades paraa xente que reunira as mesmas condicións.
1.1.-Por qué a democracia é preferible á dictadura (Esquemas A & B):
Porque na dictadura o gobernante está por enriba da lei (non ten ningún límite ó seu poder ó que os cidadás poidan acudir como forma de controla-las súas decisións sen chegar á violencia ou revolución), co que pode dictar leis que beneficien só as súas ambicións persoais ou á súafamilia, amigos e partidarios a conto de perxudicar ó resto do país. Recordar tamén que se alguén chega a dictador é porque unha parte importante -poderosa- da poboación apoia o seu goberno e espera beneficios. Pola contra, na democracia, existe un límite temporal ó poder do gobernante: está obrigado por lei a convocar eleccións, permitir que oposición e críticos presenten candidatos, e por maioríaretiralo do poder substituíndoo por outro gobernante -que esperamos non sexa tan malo ou máis do mesmo-. O gobernante, co temor a ser desplazado do poder, procura non facer nada abertamente que indigne ou enfureza á maioría da poboación. As eleccións períodicas á presidencia do goberno e representantes determinadas por lei son o medio de control.
Gobernante Gobernante ⇓--------------I -Esquema A - (Dictadura) I -Esquema B - I
V V (Democracia simple) I
Leis (deberes e dereitos) Leis (deberes e dereitos) I
I I I
V V I
Pobo/cidadás Pobo/cidadás ⋄--elixen------------

1.2.-Pbs da democracia simple (dictadura da maioría)(ex. leis Hitler cosxudeos + leis segregación negros en EE.UU) medidas públicas, coñecidas por todos.
-O gobernante podería face-lo que quixera, tería poder absoluto, mentres non foran as eleccións
-Pero o problema máis grave é que, para volver a ser reelexido, o gobernante tenderá a facer calquera cousa que a maioría desexe, por aberrante ou estúpida que sexa, podendo non só perxudicarse a sí mesmos, senón...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Estructura política de méxico y la democracia
  • elementos constitutivos de la democracia participativa y protagonica así como su estructura funcional
  • DEMOCRACIA Y NO DEMOCRACIA
  • Democracia
  • Democracia
  • Democracia
  • Democracia
  • Democracia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS