Deriva_Continental _Simon_y_Saray
Páginas: 5 (1211 palabras)
Publicado: 25 de septiembre de 2015
Saray Rozas Regal
Simón Rodríguez Rouco
1
ÍNDICE:
1) Introducción
2) Teorías da separación e agrupación dos continentes:
2.1- Alfred Wegener: Pangea:
2.1.1- Gondwana.
2.1.2- Laurasia.
3) Continuo Movemento das Placas na actualidade.
4) Bibliografía
1) INTRODUCCIÓN
O tema a tratar neste traballo é a deriva continental.
A formación da Terra foi unha das cuestións máisestudadas e debatidas ao
longo da historia. Hai moitas teorías que tratan de explicar a formación
dos continentes. Dende as teorías sobre a orixe divina da Terra e o que
nela habita, ata as máis complicadas explicacións científicas, a formación
do mundo foi ao longo da historia da humanidade unha das cuestións máis
estudadas e debatidas por historiadores, científicos e pensadores de todo
o planeta. Apartir de entón, sabemos que todo na Terra, mesmo as
grandes masas continentais aparentemente fixas pola súa composición e
densidade, ten movemento. Os estudos realizados serviron para
fundamentar numerosas hipóteses acerca da formación dos continentes.
A deriva continental é o desprazamento das masas continentais unhas
respecto a outras que fan que os continentes se despracen ao largo de
millóns deanos da historia xeolóxica da Terra. Este movemento débese a
que continuamente sae material do manto por debaixo da codia oceánica
e crease unha forza que empuxa as zonas ocupadas polos continentes e,
en consecuencia, failles cambiar de posición.
2) TEORÍAS DA SEPARACIÓN OU AGRUPACIÓN DOS CONTINENTES
2.1- PANGEA (Alfred Wegener).
En 1620, o filósofo inglés Francis Bacon fixouse na similitude quepresentan as formas da costa occidental de África e oriental de
Sudamérica, aínda que non suxeriu que os dous continentes tivesen estado
unidos antes. A proposta de que os continentes poderían moverse fíxoa por
primeira vez en 1858 Antonio Snider, un estadounidense que vivía en
París.
En 1915 o meteorólogo alemán Alfred Wegener publicou o libro "A orixe
dos continentes e océanos", ondedesenvolvía esta teoria, polo que se lle
adoita considerar como autor da teoría da deriva continental.
Ao considerar a teoría por primeira vez, sentiuse inclinado a descartala;
pero reavivaron o seu interese as probas paleontolóxicas de que nun
pasado remoto debeu existir algunha ponte terrestre que unise África con
Brasil, do mesmo modo, que Gran Bretaña estaba unida ao continente hai
20.000 anos, a travésda canle da Mancha, e Asia con América do Norte, a
través do estreito de Bering. Pero estes eran exemplos de pontes
relativamente curtas. En cambio, o caso do vasto océano Atlántico fixo
que Wegener considerase máis seriamente a teoría da deriva continental
e, a partir de 1912, dedicouse a desenvolvela.
Postulou entón a existencia orixinal dun supercontinente,Pangea, que
comezou a separarsedurante a era pérmica, hai máis de 200 millóns de
anos. América desprazouse cara ao oeste, afastándose da masa
continental eurasiática, e entre os dous continentes formouse o Atlántico.
Australia desprazouse cara ao norte e a India afastouse de África. Máis
adiante, durante o cuaternario (hai 2 millóns de anos), Groenlandia
separouse de Noruega. Algúns arquipélagos importantes, como os de
Xapón e asFilipinas, identificáronse como fragmentos deixados atrás por
estas colosais separacións.
O conxunto da teoría proporcionaba unha explicación satisfactoria da
distribución actual das masas de terra firme ou continentais, pero era
preciso encontrar o mecanismo que provocaba estes desprazamentos. A
este respecto, Wegener supuxo que as masas continentais flotaban sobre
algún tipo de magma plástico,como o que mana das grandes
profundidades durante as erupcións volcánicas, e sinalou que a constante
rotación da Terra determinaría unha deriva cara ao oeste.
Os principais argumentos nas que Wegener fundamentou as súas hipóteses
foron:
-Os continentes proceden dunha soa e única masa continental que se
fragmentou, iniciándose un movemento de translación relativo entre eles.
Os continentes...
Leer documento completo
Regístrate para leer el documento completo.