Descartes_A_Substancia

Páginas: 10 (2274 palabras) Publicado: 24 de febrero de 2015
Definición de
substancia

Tal definición só se
pode aplicar de modo
absoluto a Deus
Descartes mantén a
definición de substancia
para a substancia pensante e
a substancia extensa, pois
non necesitan unha da outra
para existir. As cousas que
non poden existir sen outras
son os chamados atributos
(os seres creados)

Teoría da substancia: substancia pensante e extensa.
51. Qué é asubstancia; e que é un nome que non se pode atribuír a
Deus e ás criaturas no mesmo senso. Polo que atinxe ás cousas que
consideramos como tendo algunha existencia, é preciso que
examinemos aquí unha despois da outra, a fin de distinguir o que é
escuro do que é evidente na noción que de cada unha temos. Cando
concibimos a substancia, concibimos só unha cousa que existe de tal
xeito que non tennecesidade máis que de si mesma para existir. O que
de escuro poida haber tocante á explicación desta palabra é que non
ten necesidade máis que de si-mesma; pois, falando con propiedade,
así non hai máis que Deus, e non hai cousa ningunha creada que poida
existir un só intre sen ser sostida e conservada pola súa potencia. É por
iso que levan razón na Escola cando din que o nome de substancianon
é unívoco verbo de Deus e das criaturas, é dicir, que non hai ningunha
significación desta palabra que nós concibamos distintamente, a cal
conveña a El e a elas: mais, porque entre as cousas creadas algunhas
son de tal natureza que non poden existir sen outras, nós distinguímolas
fronte aquelas que non teñen máis necesidade que do concurso
ordinario de Deus, chamando a estas substanciase a aquelas
dualidades ou atributos destas substancias.
(R. DESCARTES; Os principios da filosofía, I.51.).

[Contextualización]
A filosofía de Descartes no século XVII culmina a ruptura coa filosofía tradicional
dominante na Idade Media. Descartes somete a crítica todos os saberes do seu tempo,
sumido na dispersión e na confusión. Para Descartes, esta situación non se debe a unha
supostadebilidade do entendemento, senón á falta dun método universal que sexa acorde
coa razón. O obxectivo de Descartes será a construción dun método exclusivamente
racional capaz de proporcionar coñecementos verdadeiros. Para isto, tomara como modelo
a dedución matemática que entón constituía a base do método que empezaba a aplicarse
con éxito na física.
Na época de Descartes, a escolástica aíndafreaba o desenvolvemento científico. O
recurso ás Escrituras e á interpretación de Aristóteles para alcanzar a verdade e
comprender os fenómenos físicos conducira a unha canella sen saída. Era necesario
desenvolver unha filosofía, unha nova maneira de establecer qué era unha verdade
científica. Isto é o que Descartes fixo. Descartes elaborou a súa filosofía a partir de tres
fontes: aescolástica, a sabedoría de Michel de Montaigne e sobre todo a os novos
descubrimentos da ciencia e da matemática levados a cabo por Bacon, Galileo e Newton.
[Tema do texto]
No texto Descartes analiza o sentido e a aplicación adecuada dentro da realidade do
concepto de substancia. O concepto de substancia é fundamental en Descartes e, a partir
del, en todos os filósofos racionalistas. Unha célebredefinición establece que substancia é
toda cousa que existe de tal modo que non necesita de ningunha outra cousa para
existir.
[Estrutura argumentativa]
Tomada esta definición de modo literal, é evidente, que só podería existir a substancia
infinita (Deus), xa que os seres finitos, pensantes e extensos, son creados e conservados
por El. Descartes recoñece no texto que tal definición só se podeaplicar de modo absoluto
1

a Deus, se ben a mantén pola independencia mutua entre a substancia pensante e a
substancia extensa, que non necesitan unha da outra para existir. Pola súa parte, a
denominación propia para as cousas que non poden existir sen outras é a de atributos da
substancia.
[Análise semántica/Desenvolvemento do tema]
Do exposto dedúcese que Descartes distingue tres...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS