DESEÑO DE PROYECTOS DE ACCIÓN VOLUNTARIA
PROXECTOS DE ACCIÓN
VOLUNTARIA
MÓDULO I. INTRODUCIÓN
Á XESTIÓN DO VOLUNTARIADO
ÍNDICE
1. Aproximación ao voluntariado como “obxecto” de xestión:
conceptos de partida..................................................................................3
2. O voluntariado como “suxeito” de xestión...........................................10
3. O “ciclo de xestión dovoluntariado”....................................................12
Fase I. Definición e “captación”...........................................................................13
Fase II. Incorporación.......................................................................................... 15
Fase III. Desenvolvemento da actividade voluntaria..........................................19
FaseIV. Recoñecemento....................................................................................22
Fase V. Desvinculación.......................................................................................23
Bibliografía...............................................................................................24
Deseño de Proxectos de Acción Voluntaria
2
1. APROXIMACIÓNAO VOLUNTARIADO COMO OBXECTO DE XESTIÓN: CONCEPTOS
DE PARTIDA
Voluntario ou voluntaria:
“Persoa voluntaria é aquela que sensibilizada pola situación social dos
cidadáns e cidadás do mundo, de xeito altruísta e solidario, decide
participar, xunto con outras, en diferentes proxectos dentro dunha
organización de voluntariado, dedicando parte do seu tempo en beneficio
duna acción enmarcadadentro dun proxecto”1.
Acción voluntaria:
“A acción voluntaria é o conxunto de tarefas que se asumen libremente
sen ánimo de lucro e sen compensación económica, cun propósito
socialmente útil. É a actividade realizada polos voluntarios e voluntarias
para contribuír: ao benestar da comunidade, a mellorar a calidade de vida
dos demais, a erradicar ou modificar as causas que producennecesidade
e exclusión, a transformar a realidade social que provoca esa exclusión en
concreto”2.
Entidades de acción voluntaria:
Son entidades de acción voluntaria as legalmente constituídas e dotadas
de personalidade xurídica, así como as agrupacións de voluntariado
integradas no seo das administracións públicas que, sen ánimo de lucro,
desenvolven programas ou proxectos de voluntariado nomarco das áreas
de interese xeral a través de persoas voluntarias.
e 2 Antonio Bermejo García. “Manual de gestión del Voluntariado”. Médicos del Mundo. 2002.
En
1
Deseño de Proxectos de Acción Voluntaria
3
A persoa voluntaria realiza o seu proxecto de voluntariado a través de
Entidades de Acción Voluntaria. Esa relación regúlase a través do marco
Legal.
Dereitos das persoasvoluntarias3:
•
Seren tratadas sen ningún tipo de discriminación con respecto da súa
liberdade, dignidade, intimidade e crenzas.
•
Seren informadas e formadas, particularmente en materia de
prevención de riscos, e a desenvolveren a actividade voluntaria nas
condicións de seguranza, hixiene e saúde que a súa natureza e
características reclamen.
•
Dispoñeren dunha acreditaciónidentificativa da súa condición de
persoa voluntaria.
•
Recibiren das entidades de acción voluntaria que desenvolvan a
acción voluntaria na que se integren a información, a formación, o
asesoramento e o apoio técnico, así como os medios materiais que
requira o exercicio das actividades e das tarefa que se lles asignen.
•
Participaren activamente na entidade de acción voluntaria na que seintegren, consonte os seus estatutos, colaborando na planificación, o
deseño, a execución e a avaliación dos programas nos que participen.
•
Acordaren libremente coa entidade de acción voluntaria na que se
integren o contido e as condicións da súa actividade voluntaria, o
ámbito de actuación, a definición das tarefas, o tempo e o horario de
dedicación, o lugar de desenvolvemento e as...
Regístrate para leer el documento completo.