desnudos amte el mundo

Páginas: 7 (1665 palabras) Publicado: 24 de abril de 2013
ESPIDOS ANTE O MUNDO

Segundo o dicionario Xerais da lingua galega o concepto de intimidade defínese como:
1.Aspecto da persoa e da súa vida, reservada e inviolable para os demais. 2.Acción íntima, de carácter moi privado.
Sen embargo, este concepto foise degradando co paso do tempo ata chegar a un punto de exposición total da nosa vida privada que orixinou a creación dun conceptodenominado “extimidade” que non consiste exclusivamente en mostrar o que está dentro, senón que ao facelo tamén constrúes de outra forma o que está dentro. De verdade hoxe en día contamos coa intimidade que cremos ter?

Cando sobes un vídeo, foto ou simplemente mantés unha conversa con un amigo vía online, o que ti pensas que é confidencial entre volos dous pode chegar a mans de calquera descoñecidoe ter unhas repercusións non sempre positivas. É dicir sentímonos protexidos por un usuario dende o anonimato. Pero que unha vez creado non hai marcha atrás xa que todo o que publiques dende este quedará arquivado na rede por moito que intentes eliminalo. Un exemplo disto é a famosa rede social Tuenti na que ti cres ter unha barreira entre os “amigos”, aos que lles permites acceder ás túaspublicacións, e as peticións que ti denegas, para delimitar o acceso ao teu espazo persoal. Porén esta barreira é moi estreita. O que descoñecemos é que calquera persoa normal cuns coñecementos básicos de informática pode invadir o teu espazo persoal violando toda a intimidade que ti cres ter e incluso usar a túa información con malas intencións. En Internet, o máis prezado e, á vez, o máis dúctil, é aidentidade coa que nos presentamos. As identidades dixitais son maleables, fráxiles e esquivas. Por iso é tan interesante o xogo que facemos todos con elas, ao travestilas e modificalas de calquera maneira. A nosa sociedade aínda está aprendendo a dixitalizarse e a nosa transformación en suxeitos dixitais aínda ten moitos capítulos por escribir.

Como se explica o éxito destas redes con todasestas connotacións negativas? A resposta está nun comportamento tan antigo como o ser humano: a curiosidade e o cotilleo. Somo seres sociais e é lóxico que nos interese como viven a vida os demais. Nalgúns casos é preocupación , en outros, información . Somos cotillas porque a nosa identidade como persoas está conectada ás redes sociais e estas constrúense compartindo emocións. Se acontece algoimportante unha gran alegría ou desgusto temos unha tendencia natural a explicalo, a iso hai que sumarlle a fascinación por falar de sentimentos. Canto máis impacto emocional máis éxito ten en crear unha fascinación por quen escoita ou lee. O que sucede é que cambiou a forma na que nos construímos como suxeitos. O introspectivo está debilitado . Cada vez definímonos máis a través do que podemosmostrar e o que os outros ven. A intimidade é tan importante para definir o que somos que hai que mostrala, iso confirma que existimos.

Todo isto está relacionado coa mentira pero aínda máis coa rede tan exitosa do momento chamada Twitter. Como podemos defendernos da posibilidade aberta á falsificación? A cuestión é que a rede é libre, e por iso temos que correr o risco de que nos enganen.Estamos indefensos ante a xente sen escrúpulos que ten unhas intencións ocultas, que nos achega información veraz nuns casos, manipulada noutros, e moitas veces o que queremos oír. Deberiamos saber que non todo en Twitter é espontáneo que hai profesionais dedicados a dirixir información, debates e estados de opinión. Segundo confirman moitos periodistas chéganlles todos os días informacións falsassobre a política e os políticos, que os cidadáns queren oír nas actuais circunstancias. Aínda que sexan falsas.
Gaby Castellanos é a directora xeral de SrBurns (unha axencia especialista en redes sociais) e, dende os 16 anos dedícase á publicidade. Ela explica o que sente ante casos de informacións falsas. Ela di que “Twitter é como todos os medios, o que importan son as fontes. Soe pasar...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • El desnudo
  • yo desnudo
  • Desnudos
  • Desnudo victoriano
  • El Hombre Desnudo
  • El Mono Desnudo
  • Almas Al Desnudo
  • EL MONO DESNUDO

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS