Desobediencia_xmbeiras

Páginas: 13 (3049 palabras) Publicado: 24 de octubre de 2015
Suplemento Horizontal

Altermundo

abaixo e á esquerda
está o corazón

TEMPOS NOVOS | TERCEIRA QUENDA | NÚMERO 03 | SETEMBRO 2012

PÁX 02. EIVAS

Fumigar Galiza
Para Manuel Casal Lodeiro,
a espada de Damocles tóxica
segue a pender sobre milleiros
de hectáreas de monte galego

Xosé Manuel Beiras fai un chamamento á rebelión e a desobediencia
para recuperarmos o protagonismo como povos e comocidadáns

Pola creba
democrática
BANKSY

PÁX 04. ECOLOXÍA SOCIAL

Si que nos afecta
Martin Khor repasa a máis que
posíbel relación entre a mudanza climática e os fenómenos
atmosféricos extremos

Nova crise alimentar
Jerónimo Aguado e Gustavo
Duch afirman que sobran alimentos, mais a prezos inalcanzábeis por mor da especulación

É a hora da cidadanía exercente
como tal. É a hora da soberanía popular nosentido prístino da palabra.
É a hora da reconquista dos dereitos
e as liberdades cívicas e políticas efectivas. É a hora dunha nova creba democrática con este rexime putrefacto
e cun sistema aberrante e homicida,
que leva camiño de acabar coa biosfera e, pola mesma, coa existencia do
proprio planeta. É a hora da rebelión

cívica como motor da emancipación
dos indivíduos, as clases e os povosesmagados. É a hora da asunción dos
principios e a prática dos valores republicáns. É a hora da lealdade ao común cidadán e non da obediencia ás
organizacións, mesmo ás organizacións
das que formamos parte, se resultar
imposíbel ser leal aos cidadáns séndomos obedientes ás directrices das
organizacións.

Este caderno é un extracto de libre uso do Altermundo que se publica cada dous meses coa revistaTempos Novos. O número completo pódese atopar
nos puntos de venda do país. Nel achegamos un texto, moi acaído para estes días, que Xosé Manuel Beiras titula Exhortación á desobediencia.

Altermundo

PÁX 14. O REMATE

> GLOBAL REVOLUTION

Exhortación á
desobediencia
polo miúdo

T

O texto corresponde á transcrición da alocución
de Xosé Manuel Beiras na homenaxe que lle
rendiron no Auditorio deGaliza o 17 do Nadal de
2011, feita, retocada e adaptada por el mesmo

Xosé Manuel
Beiras
Consello
Editorial de
Altermundo

¡NO SOLO DE GRAFICA VIVE LA MUJER!

Altermundo

Q

uero ser moi sinceiro. Quero
falarvos co corazón aberto sen
perder o control dos sentimentos polo
meu compoñente racional: Son un
home emotivo e até apaixoado, que
se exalta, mais ao mesmo tempo son
un ser que cré na razón, e quenunca
deixou de exercer a razón na medida
das súas posiblidades. E quero dirixirme a vós dende a solaina da miña
xeración: a xeración que retomou o
testigo directamente dos supervivintes da Xeración Nós e do Partido
Galeguista, e mesmo das Irmandades
da Fala, e máis a traveso da conexión
cos que empezaron a montar os dispositivos da loita cultural posíbel
baixo o franquismo arredor da
EditorialGalaxia nos anos 50.
Esa xeración, en rigor, o que ten
para min como definicións primordiais
é que é unha xeración de xentes que
nos moviamos por valores, e nunca por
intereses; e que tiñamos a ética como
fundamento da política –e primordialmente a ética da fraternidade, a ética
da irmandade, da irmandade no sentido da noción histórica das irmandades dos Irmandiños, e polo tanto da
auténticarevolución baixo-medieval das
camadas de servos e da burguesía das
cidades e da fidalguía baixa fronte ao
poder despótico e oligárquico do Estado, da Coroa de Castela, e da nobreza "alburgueira e bárbara". Ise é o

2 09.12

sentido que ten para nós a noción de
irmandade, e xa que logo a de fraternidade, equivalente á de irmandade,
non no sentido patriarcal, senón no que
lle conferíu a esquerda do bloquerevolucionário francés do 1789: a fraternidade como principio de democracia
horizontal, como principio necesario
para integrar no proceso revolucionario de emancipación ao 'cuarto estado', aos 'sans culottes', aos que non
tiñan bens de seu nin medios proprios
para viviren. Ise é o sentido que ten
nas Irmandades da Fala –ao cabo, fala
dos oprimidos e desposuídos– e o sen-

tido co que está...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS