Diario de traballo

Páginas: 11 (2732 palabras) Publicado: 21 de febrero de 2015
Diario de traballo

Neste diario vamos ir contando os pasos que levamos a cabo para la realización do traballo, as reunións que fixemos, as visitas, os momentos de incerteza, de non saber qué camiño seguir, as chuvias de ideas, as decisións tomadas e as ideas desbotadas, en definitiva todo, na medida do posible, o que nos conduce e nos conducirá ao traballo final da elaboración do Proxectopara a sinatura de Proxectos e innovación na aula.
Empezar por a primeira semana, chea de información sobre o que é un proxecto, como o debemos facer, que debe ter para ser un proxecto, diferenciado dunha unidade didáctica, moitas lecturas que facer, páxinas que visitar, en fin, moita información que nos envolve e ao mesmo tempo nos intimida e nos enche de ilusión. Por qué decidimos que nos enche deilusión? Pois porque vemos que é algo realmente útil para o noso futuro como mestras de educación infantil. Ata agora non sabíamos demasiado sobre esta forma de traballar cos nenos e nenas e vemos nela un mundo de posibilidades, un facer diferente ao que estábamos acostumadas ou vimos na nosa infancia. É unha forma de aprender diferente, máis significativa para os nenos e nenas, claro, sempre ecando sexa un bo proxecto.
Tamén vimos a importancia de innovar nesta profesión, o facer cousas diferentes, cousas que sorprendan aos nenos e nenas, dando novos usos as cousas tradicionais.
Con toda esta información propúxosenos facer o proxecto, un proxecto cunha parte imposta que e a seguinte, o proxecto debe xirar en torno a unha visita a unha granxa escola e o proxecto debe estar relacionadoca unidade didáctica que debemos face para a sinatura de Deseño e Desenvolvemento Curricular. Partindo desa cuestión o resto de decisións corren a nosa conta.
Neste punto pensamos que facer, que sería interesante para os nenos e nenas, que tema sería o que fora orixinal e os puidese motivar, que nos podería dar máis xogo, que colexio elixir, a que granxa escola levalos, un sen fin de cuestiónsinvadíronnos e non sabíamos por ónde empezar ou qué camiño elixir. Nunha choiva de ideas ocorréronsenos como temas para a unidade didáctica a alimentación dos animais pero non víamos un proxecto que nos gustara partindo diso, os froitos secos como unidade didáctica pero sucedíanos o mesmo que co tema anterior. Outro tema que se nos ocorreu foi o de que nos proporciona cada animal como unidadedidáctica e como proxecto centrarnos nas ovellas, o que nos proporcionan, que os nenos e nenas viran na visita á granxa como se esquían as ovellas e disto se preguntaran que se pode facer coa la que lle quitan ás ovellas .Neste tema vimos actividades moi interesantes para eles e elas xa que podían ver a transformación desa la que lles quitaban as ovellas en fíos e logo en bufandas ou xerseis a travésda visita a clase de dúas avoas dos nenos e nenas. Outro tema que se nos ocorreu e que nos ilusionou foi o da reprodución, de cómo nacen os animais e pensáramos para o proxecto no caso concreto das ras, parecíanos moi interesante que os nenos/as visen como nacían e os cambios que ían tendo. No caso de seleccionar este proxecto tíñamos en mente que os nenos e nenas fixeran un terrario na clasepara ter unha rá e pensábamos que, no caso de ser unha situación real, os nenos e nenas acudirían entusiasmados a clase todos os días para poder observalos e ver se se producira algún cambio dende o día anterior. Críamos que se ilusionarían co tema como o estábamos nos. Pensamos que o tema podía xurdir de ver no estanque da granxa escola as ras e algún bichiño que non sabían o que eran hasta que selles dixo que eran cágados, as crías das ras e que a raíz diso empezaran a preguntarse: cómo son cando nacen?, Cómo cambian?, ou : e o rabo por qué non o teñen de grandes?.
O día que falamos sobre todo isto decidimos decantarnos por esta última idea. Foi un tema que nos emocionou, tanto que ese día fomos todo o camiño da universidade aos nosos pisos falando do tema, e de feito, cando chegamos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Traballo Lindoso
  • Traballo Atapuerca
  • COGNITIVO TRABALLO
  • Can traball
  • Traballo de Astronomía
  • traballo galego
  • Traballo Paleozoico
  • Traballo Pascua

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS