Diccionario Tv

Páginas: 431 (107575 palabras) Publicado: 27 de noviembre de 2012
DICIONARIO GALEGO DE TELEVISIÓN
EDITH PAZÓ FERNÁNDEZ

Revisión especializada:
MANUEL VIDEIRA (son) MARÍA VARELA (realización) JORGE MUÑOZ (edición) ALBERTO GOITIA (iluminación) VÍTOR ESTÉVEZ (telecomunicacións)

2005

Edita:

Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades Conselleiro de Educación eOrdenación Universitaria Celso Currás Fernández Director Xeral de Política Lingüística Xesús P. González Moreiras Coordinador Científico Manuel González González Director Técnico de Lingüística Guillermo Rojo Sánchez Director de Termigal Manuel González González Compañía de Radiotelevisión de Galicia Director Xeral da CRTVG Francisco Campos Freire Director-Xerente da TVG Anxo Quintanilla Louzao

©Edith Pazó Fernández © Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega © Compañía de Radiotelevisión de Galicia

ISBN: 84-453-4062-X Depósito Legal: C. 1.542-2005

PRESENTACIÓN

Nestes anos de traballo na análise da calidade lingüística das emisións da Televisión de Galicia, baixo a dirección de Manuel González, Constantino García e Xesús Ferro, da Real Academia Galega, fomos percibindo aenorme influencia que exercen a totalidade das fases de traballo no resultado final da comunicación televisiva. Foi así como naceu o meu interese polo que acontece coa comunicación detrás das cámaras e por axeitar á nosa lingua a terminoloxía técnica empregada nese ámbito que, en teoría, non percibe o telespectador. En realidade, o produto audiovisual que chega ás casas é sempre o resultado duntraballo de equipo; e a dedicación que se poña en cada fase do proceso transcende inevitablemente á pantalla determinando a calidade do produto final. Tamén no aspecto lingüístico, naturalmente. O Dicionario galego de televisión é unha proposta que nace desa necesidade urxente de lle procurar un nome galego a cada elemento da produción televisiva, que nos permita comprender e identificar a que nosestamos a referir en cada momento desde as distintas especialidades que interveñen nela: a telecomunicación, a iluminación, a edición, a preprodución, a redacción xornalística, a programación, a análise de audiencias, a deontoloxía, a teoría da comunicación, a xestión de medios, etc. Seguindo o ronsel do pioneiro Vocabulario Galego da Comunicación que no ano 1996 elaboraran Paulino Novo, Xosé López eFrancisco Campos, desde que abordei a realización do dicionario tiven a vontade de ofrecer a través del algo máis ca un compendio de termos e procurei ir trazando un deseño básico do funcionamento da televisión mediante a explicación das palabras coas que os técnicos se refiren cada día aos distintos aspectos do seu traballo. Así, a escolla da relación de lemas desta obra foi baseada non só enobras terminolóxicas, senón, e sobre todo, en textos de uso profesional, en documentación de empresas de servizos televisivos, editados ou de circulación electrónica, e en fontes orais. Ao pé dos termos máis usuais do medio, incorporei nomes de estándares, de organismos reguladores, dos principais operadores, nun formato lexicográfico aberto, de certo carácter enciclopédico, que procura, a través dealgo máis de 3000 definicións, introducir o lector no mundo da televisión. Respondendo a esa mesma concepción, boa parte das entradas complementan as definicións con anotacións de uso e outros datos de carácter técnico, etimolóxico ou mesmo interpretativo (destacados todos eles graficamente cun corpo de letra menor) que contribúen 5

á comprensión do termo. A través dun sistema de remisiónspóñense en relación as diferentes entradas, de maneira que o lector poida facer unha lectura máis ampla nas súas buscas. Os lemas principais ofrecen, ademais, as súas equivalencias noutras catro linguas (inglés, francés, castelán e portugués), obtidas tamén da consulta de documentación especializada en televisión neses idiomas. No caso dos nomes de organismos e institucións, incorpórase o seu...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La TV
  • La Tv
  • La tv
  • tv
  • La Tv
  • La Tv
  • la tv
  • La tv

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS