Dictadura primo de rivera (paau galicia)
Este directorio militar permanecería vixente ata a súa substitución en 1925 polo Directorio Civil. Ao longo dos case dous anos en que estivo vixente, a práctica política consistíu no goberno mediante decretos e estabaorientada a unha serie de aspectos concretos, como son: a rexeneración da vida política(acabar co caciquismo, comn medidas como a suspensión da Constitución, a substitución das autoridades por outras afíns ao réxime ou a creación da Unión Patriótica, que a modo de “partido política” pretendía servir como propaganda ao réxime), o restablecemento da orde pública, a defensa da unidade da patria (un dospiares de todo réxime autoritario e que no caso español se basou, como nos demáis casos, na afirmación dos símbolos nacinais) e a fin da guerra de Marrocos ( a definitiva derrota sobre as tropas de Abd el-Krin e a conquista do protectorado supuxo un importante impulso para a popularidade do ditador). Durante a elaboración do Directorio, Primo de Rivera revervou para sí mesmo o cargo de presidente doDirectorio, o que o situaba como principal autoridade por detrás do rei, aínda que nas súas mans reside a vontade de elaborar leis que deben de ser aprovadas por un rei que está “obrigado” a facelo.
Como dixemos, o Directorio Militar sería substituído en 1925, por petición do propio Primo de Rivera ao rei, por un novo directorio formado por civís vinculados á Unión Patriótica. Á hora deplantexar a modificación do sistema, o ditador vía necesario optar por un sistema máis axeitado alexado das formas militares anteriormente vixente, aínda que conservando o carácter autoritario que marcara a anterior etapa, é dicir, “organización máis axeitada, pero non menos vigorosa”. Era para Primo de Rivera, este un dos trazos necesarios para “reeducar administrativa e politicamente” ó pais, paraque o sistema liberal puidese volver a ser efectivo. Romper co autoritarismo do sistema neste momento suporía, segundo Primo de Rivera, non facer caso ao clamor popular que se mostra afín ao réxime, pero temerosos da inestabilidade política.
Co Directorio Civil, Primo de Rivera tratou de implantar un réxime político corporativista na liña do fascismo, pois o réxime constitucional estabapara el acabado e era a causa de todos os problemas que asolaban España. Este réxime económico e social pretende loitar contra a sociedade de clases por medio da creación de corporacións que agrupen tanto a obreiros, como a empresarios e profesionais, controladas polo Estado. Para levar a cabo a implantación deste sistema foron necesarias medidas como a creación de comités paritarios ou aelabaración dunha nova lexislación laboral e fiscal. Tamén se crearía unha Asemblea Nacional, de carácter consultivo que tiña como misión elaborar proxectos lexislativos ao Goberno.
En canto á política económica, a ditadura de Primo de Rivera caracterizouse polo intervencionismo estatal mantendo o marco do capitalismo, formando o chamado corporativismo autoritario. Os principios desta “doutrina”...
Regístrate para leer el documento completo.