Discurso, poder e acceso
Teun A. van Dijk
A Trabe de Ouro (Santiago de Compostela), Tomo IV, 1993, pp. 523-546.
1
cuestións
DISCURSO, PODER E ACCESO
Teun A. van Dijk
(Traducción: Manuel Outeiriño)
Un dos cometidos principais da análise crítica do discurso é a descrición das relacións entre o
discurso e o poder social. Máis concretamente, tal análise debería describir eexplicar como é que
se exerce o abuso de poder, como é que se reproduce ou lexitima por medio do texto e da fala dos
grupos ou das institucións dominantes. No marco de tal descrición dos abusos do poder social por
mediación do discurso, este artigo céntrase nunha dimensión de tal dominio, a dos modelos de
acceso.
Unha análise crítica das condicións de acceso á comunicación e ó discurso públicopresupón unha análise dos efectos políticos, socioculturais e económicos do dominio. Este
artigo só ofrece un sumario sucinto e sesgado de tal marca conceptual de máis amplitude.
Prescíndese da discusión detallada de moitas complexidades teóricas e filosóficas, os
presupostos principais de tal marco de traballo son, por exemplo, os seguintes
523
(para máis detalles, véxase, por exemplo,Clegg, 1989; Lukes, 1974, 1986; Wrong,
1979):
(a) É relevante para o estudio das relacións entre discurso e dominio o concepto de
poder social, quere dicir, o poder que exercen grupos e institucións. O poder dos individuos, en tal descrición, reflecte o poder que dimana da condición de membro de grupos
dominantes, ou da posición social ben e, xa que logo, pódeselle chamar «social». Por
outrabanda, o poder persoal, quere dicir, o debido a características de persoalidade,
explica diferencias particulares e variacións no exercicio do poder social tal e como se dá
na interacción cotiá. Neste artigo, só vou tratar do poder social.
(b) O poder social defínese aquí coa noción fundamental de control. Os grupos, as
institucións ou os seus membros teñen ou exercen poder cando controlan outeñen a
capacidade de controla-las mentes ou as accións doutros. Tal control implica limitacións da
liberdade ou da independencia doutros, que xa non son libres de pensar nin de face--lo que
queren —nin de pensa-lo que farían— sen tal control.
(c) Máis concretamente: dise aquí que os grupos dominan outros grupos se teñen
poder social sobre eles e se abusan de tal poder no seu propio interese econtra os intereses dos grupos ós que controlan. O «abuso» pode logo definirse como unha creba das leis,
regras, normas, principios ou acordos que regulan as accións e interaccións sociais aceptables.
(d) O poder social fundaméntase en recursos socialmente valorados, ou nun acceso
especial a tales recursos, como son os casos da forza, da riqueza, dos ingresos, da posición
social, do status, dosprivilexios, do saber ou da educación. Un dos obxectivos do dominio
é prohibir ou limita-la igualdade de acceso ós devanditos recursos (atendendo ós propios
intereses).
(e) O poder social e o dominio teñen moitas modalidades de control social. A limitación da liberdade e do acceso os recursos sociais pode aplicarse de xeito primario ás
accións (ou ós membros) dos grupos dominados. Un xeitoelemental é usa-la forza para
obrigar a actuar dun xeito específico ou precaver de facelo, como é o caso das actuacións das
forzas quer militares quer policiais ou do sometemento forzado das mulleres polos homes
e dos nenos polos adultos. Con todo, máis pertinentes (para a nosa crítica) cá devandita
modalidade de poder coercitivo son os xeitos de dominio máis complexos e «modernos», quere
dicir,os que controlan as mentes dos outros, isto é, o poder persuasivo. As accións adoitan
analizarse a xeito de combinacións de intencións (mentais) e de actividades (manifestas), e
enténdese que ó influencia-las intencións dos actores podemos controlar indirectamente as súas
accións. Aínda máis indirecto, pero posiblemente máis efectivo, é o control doutras
estructuras mentais que guían a...
Regístrate para leer el documento completo.