DITADURA PRIMO DE RIVERA

Páginas: 8 (1942 palabras) Publicado: 20 de mayo de 2015
 DITADURA DE MIGUEL PRIMO DE RIVERA
Os documentos a analizar fan referencia ao período histórico do reinado de Alfonso XIII (1902/31). No seu reinado persoal diferéncianse claramente varias fases: a etapa constitucional enmarcada dentro do sistema da Restauración (1902-1923), o Goberno ditatorias de Miguel Primo de Rivera (1923-30) e o intento de volta á monarquía constitucional (1930-31) querematou co exilio do rei e a proclamación da II República.
Así, tendo en conta o doc. 1, en setembro de 1923, o capitán xeneral de Cataluña, Miguel Primo de Rivera, deu un golpe de Estado que foi aceptado polo rei Alfonso XIII e os grupos oligárquicos, iniciándose un réxime ditatorial que deixou en suspenso a Constitución de 1876.
Primo de Rivera presentou a Ditadura como unha medida excepcional etransitoria coa que pretendía solventar os problemas de España. Críase o ciruxán de ferro do que falaban os rexeneracionistas.
Durante a Ditadura sucedéronse dous tipos de goberno: o Diretorio militar (1923-25) e o Diretorio Civil (1925-30).
Nos primeiros momentos, o novo réxime case non tivo oposición; pero as sucesivas medidas do Goberno e os intentos de perpetuación causaron fortesresentimentos e críticas en numerosos colectivos.
Desde facía algún tempo a posibilidade de dar un golpe de forza foi unha idea que estivo presente entre certos círculos militares e políticos. A radicalización das manifestacións catalanistas, o auxe do terrorismo (tanto dos anarquistas como dos pistoleiros da patronal, que causaron un número elevado de mortes), xunto coa ineficacia do Goberno por reprimilos,foron considerados como moi graves por certos sectores do exército e dos grupos dominantes e serviron de caldo de cultivo para a preparación do golpe militar. A esixencias de responsabilidades aos militares e ao exército e dos grupos dominantes, serviron para a preparación do golpe militar. A esixencia de responsabilidades aos militares e ao exército polos fracasos nas campañas contra Abd el-Krim en Marrocos e os conatos de indisciplina militar, foron os detonantes que aceleraron a realización do golpe. A incapacidade dos gobernos de concentración, paralizados polos seus enfrontamentos internos, facilitou a súa realización.
Ao día seguinte do golpe de Estado, Alfonso XIII chamou a Primo de Rivera para que asumise o poder. O novo Goberno suspendeu a vixencia da Constitución de 1876; oacto puxo fin a monarquía constitucional e liberal como forma política de goberno. A coroa uníu os seus destinos á Ditadura. O pobo, agás una minoría, aceptou con expectación, entusiasmo ou indiferencia a nova situación.
As ideas de Primo de Rivera proceden fundamentalmente do catolicismo social, do rexeneracionismo e do maurismo, nunha síntese conservadora e autoritaria. Políticamente contou coapoio e sostén da dereita católica e dunha grande parte do partido conservador e da Lliga Rexionalista de Cataluña, da UGT e do PSOE que mantiveron, ata 1929, unha posición de non enfrontamento, o que lle permitíu participar na elaboración da nova lexislación laboral e consolidar a súa presenza no mundo obreiro. Polo contrario, tanto o Partido Comunista como a CNT mantiveron unha oposición aberta áDitadura e foron obxecto dunha dura represión. Isto levou a unha diminución do número de folgas e folguistas, como de atentados.
Entre 1923 e 1925 o Goberno da Ditadura estivo en mans do Diretorio militar, así chamado por estar formado por militares. O novo gabinete gobernou mediante decretos con forza de lei.
De ideoloxía antiliberal, conservadora e centralista, o Diretorio militar, que sepresentaba a si mesmo como un réxime de interinidade de carácter temporal, centrou a súa actuación nos intentos de rexenerar a vida política do país, restablecer a orde pública (fíxose extensiva a toda España o Somatén, organización orixinaria de Cataluña. Formada por paisanos armados baixo a autoridade dos mandos militares, a súa misión era colaborar coa Garda Civil no mantemento da orde e a paz...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • primo de rivera
  • PRIMO DE RIVERA
  • Primo De Rivera
  • Primo de rivera
  • Primo de rivera
  • primo de rivera
  • Primo De Rivera
  • Primo de Rivera

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS