Divagaciones

Páginas: 14 (3428 palabras) Publicado: 11 de abril de 2014
Aviso para navegantes: A grande maioría das veces que fales de comunismo ou de calquer outro sistema alternativo, a xente vaite mirar como dicindo: coitadiña, que vive na utopía, que cre en causas perdidas…
Ante esta situación, eu cabréome, claro, pero no fondo sorrío, porque lembro aquelas palabras que aínda que non sei quén as dixo, están gravadas a lume na miña mente:
“As causas perdidasson as únicas que paga a pena defender… as outras xa se defenden soas”
E aínda como réplica ao da utopía, hai outro texto mais que tamén me gusta moito, e di algo como así:
“Estou diante da utopía. Está lonxe, pero podo vela. Sei que está aí. Dou un paso cara ela, e ela alónxase un paso de min. Dou dous pasos mais cara adiante, e ela da dous pasos cara atrás. Frustrado, comezo a camiñar cara ela,mentres contemplo con desesperación como, por cada paso que dou cara ela, ela se alonxa un paso de min, e como, por moito que camiñe, non estou nunca máis perto dela. Para que sirve, pois, a utopía, se non podo alcanzala nunca? – Pregúntome, aínda sen deixar de andar. Serve para isto. Para camiñar”

E iso, sen máis preámbulos, vou tratar de explicarche máis ou menos en qué consiste o comunismoa grandes trazos, aínda que haberá puntos imprecisos e cousas que quizais non che saiba respostar. Así pois, agardo que isto non che resulte un rollo e que che valga para algo, porque sei que se che mandara un texto ou un libro de Marx ou algún outro autor, me mandarías a paseo porque son un tanto rollo de ler e algo mais difíciles de entender.

1. Comunismo: un pouco de historia. A luitaobreira.
Vale, para contarche as orixes do movemento obreiro, tes que situarte na época da revolución industrial (mil oitocentos e algo? Nunca se me deron ben as datas. Máis tarde o consultarei). O caso é que era unha época de grandes e importantes cambios no estilo de vida das persoas, na que se produciu un importante aumento de poboación. Pensa que durante a época industrial, pasouse dunha poboaciónmundial de mil millóns de persoas á actual cifra de seis mil millóns de persoas, é dicir, unha burrada, vamos.
A xente, coitadiña, abandonaba o campo coa esperanza de que a vida nas cidades fose mellor, e o traballo nas fábricas mellor que o traballo no campo. A súa vida reducíase ao traballo. Os obreiros traballaban case todo o día, non tiñan días libres nin vacacións, e o que gañaban era oxusto para poder comer e sobrevivir para así seguir traballando. Como non, non todos vivían así. Os burgueses e grandes capitalistas enriquecíanse coa suor dos obreiros e obreiras, e levaban vidas totalmente acomodadas, tiñan educación, hixiene, boas casas, etc. Era coma se fosen os novos nobles, vamos. E coa aparición das máquinas, a situación dos obreiros ainda empeorou, pois coas máquinas nonfacían falta tantos obreiros e foron despedidos, e se ben a súa vida era mala no traballo, sen traballo non tiñan para comer, o cal é aínda peor (segundo se mire, na miña opinión). As primeiras manifestacións de luita obreira foron sabotaxes contra as máquinas das fábricas, é dicir, que as destruían para que así tivesen que volver contratar aos obreiros ou obreiras.
Este era un movimento moiprimitivo, desorganizado, e que pronto se extinguiu, pero foi o inicio do que culminou no movimento obreiro.
Non sei demasiado ben que pasou nos anos intermedios, nin cantos houbo até a aparición de Karl Marx na escena. Comecemos dicindo que Marx era un alemán de orixe xudeu, de familia burguesa, é dicir, un privilexiado, e digamos tamén que a teoría de Marx non sempre coincidiu co que habitualmente seentende por marxismo. Destacar tamén como punto que ainda que o nome aclamado e repetido é Marx, el sempre elaborou as súas teorías e análise da realidade coa axuda do seu amigo Engels, fillo dun empresario, o cal lle permitiu a Marx profundizar na análise do funcionamento do sistema capitalista.

Marx non era alleo á situación que padecían os obreiros, e a súa análise da realidade levouno a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • DIVaGACIONES
  • Divague
  • Divagaciones
  • Divagando En La Oscuridad
  • Divagaciones inductivas
  • Divagar
  • Divagando
  • divagar

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS