doce días de xullo

Páginas: 40 (9942 palabras) Publicado: 21 de diciembre de 2014







Doce días de xullo








ÍNDICE

páxs
Capítulo I. OS MEUS COMPAÑEIROS................................................................. 2
Capítulo II. BRAIS............................................................................................. ....... 7
Capítulo V.DIEGO E XOANA............................................................................... 16
Capítulo VI. CLAUDIA, MARÍA E LUCÍA........................................................... 19
Capítulo VII. MANUEL.................................................................................... ...... 21
Capítulo VIII.ASENSO........................................................................................... 22
Capítulo IX. AFONSO.............................................................................................. 23
Capítulo X. RASPUTÍN........................................................................................... 26
Capítulo XI. O RETORNO Á CIDADE.................................................................. 28
Capítulo XII.CARMEN........................................................................................... 29








Capítulo I. OS MEUS COMPAÑEIROS
Esta é a historia dos doce días que pasamos catro compañeiros de traballo nunha casa abandonada e ruinosa no medio rural do noso país, o verán pasado.
Eu chámome Lois. Os tres compañeiros que estiveron convivindo comigo naquel lugar foron Antón, Xavier e Xosé. Os catrosomos administrativos nunha grande empresa textil con máis de cincuenta mil empregados en todo o mundo. A todos nos deron as vacacións o mesmo día, o trinta de xuño.
Somos mozos solteiros e sen compromiso. Residimos na cidade de "Boavista", no edificio que a nosa empresa ten para os seus asalariados. Cada un de nós ten un pequerecho apartamento para si.
Igual ca hoxe, o verán pasado, viviamos sencompañía ningunha. Botabamos en falta alguén que nos acompañase; sentiamos unha profunda soidade vivindo deste xeito.
O primeiro día que nos deron as vacacións fomos de copas pola cidade. Cando xa tiñamos no bandullo máis de oito cervexas, Xavier propuxo que foramos vivir os catro doce días a unha casa antiga e abandonada que el coñecía no campo. Desta maneira, poderiamos pasar parte das nosasvacacións tranquilos, sen aturar o grande bulicio que hai na nosa cidade.
A todos nos pareceu unha excelente idea. Puxemos a saída para o catro de xullo, ao amencer. Cantas gañas tiñamos de que chegase o día catro e poder así marchar para aquela casa campestre! Mais aínda tiñamos que esperar uns días para prepararmos os detalles da viaxe.
Como vos dixen, chámome Lois. Teño trinta e dous anos recéncumpridos. Moita xente dime que teño face de pillabán mais eu non o considero; o que si creo é que estou tan fraco por mor dos nervios que sufro traballando nunha oficina oito horas ao día, cinco días á semana e once meses ao ano. Así e todo, hai xente que o pasa moito peor ca min. Non podo queixarme.
O meu filósofo preferido é Descartes. Para semellarme un chisco a el, deixei o cabelo longo.Procuro estar sempre sorrinte. Teño un xorne moi aberto. Cando me poño a falar non son capaz de parar; falo polos cóbados. Talvez esta sexa a causa pola que non teño noiva. A miúdo, non me dan aturado por mor do meu carácter apaixonado e revolto.
Gústanme moito as festas e vivir a vida; este verán xa teño programado ir a todas as romarías que poida. Non son capaz de estar quedo no meu apartamento.Dos tres compañeiros de acampada, Antón era o meu mellor amigo. El ten trinta anos, aínda que aparenta moitos máis. É de pequena estatura pero feita; tamén ao igual ca min está moi delgado. Non lle gusta o cabelo longo, teno sempre moi curto. O que máis destaca na sua faciana é o nariz torto, longo e afiado. El di que é unha nariz xudía que herdou de lonxanos ascendentes que tivo en Israel....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • republica socialista de los doce dias
  • Como destruir la empresa en doce dias
  • doce dias
  • Doce Dias Segunda Temporada
  • Los Dias
  • Los dias
  • dias
  • los dias

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS