Dossier A Malla
Unha produción de Volta e Dálle Teatro Estrea: Estrea 13 e 14 de outubro de 2007, ás 21 horas Teatro Principal de Santiago de Compostela
1
1. A Malla ..................................................................................................................Páx. 3
2. Filosofía do espectáculo.............................................................................Páx. 6
3. O equipo artístico e técnico de A Malla ..........................................Páx. 7
4. A Compañía: Volta e Dálle ..........................................................................Páx. 8
5. Os actores, actrices e músicos ............................................................. Páx. 11
6. Os dramaturxistas e a coreógrafa......................................................Páx. 15
7. Imaxes de mallas tradicionais ..................................................................Páx. 19
2
Volta e Dálle Teatro presenta o seu vindeiro espectáculo, baixo o título provisional de “A Malla”, un proxecto que se atopa en pleno proceso creativo. Dende o 1 de agosto o equipo de A Malla está tratando de darlle forma a un espectáculo quese inspira da mesma malla tradicional, trasladando estruturas propias da actividade agraria á produción produción. Como cando toda a aldea se xuntaba no verán para mallar, o equipo de malladores de Volta e Dálle, formado por catro autores e directores de escena, unha directora coreográfica, dous músicos en directo e cinco actores únense durante o verán para sacar adiante A Malla. Volta e Dálletraballa nun espectáculo innovador, diferente e arriscado. Continúa na súa teima de raíz, facer teatro desde a raíz sen descoidar a faceta creativa. Propón así un xogo a partires das nosas lembranzas, dos pousos que unha forma de vida en extinción, teñen deixado nos nosos costumes e nas nosas formas de vivir, de ser e de relacionarnos. O pretexto: a malla. Pero non é só unha innovación en canto aotema, senón que a orixinalidade envolve tamén a forma da proposta. A importancia da cultura galega como colectividade impregna A Malla, desde o proceso de construción até os trazos estéticos do espectáculo final. Aínda que inicialmente poida parecer que o tema do espectáculo é a malla, a intención de Volta e Dálle vai máis aló. A Malla como tradición perdida simboliza a substitución do modo de vidarural rural, propio dos galegos e das galegas até hai poucas décadas, pola economía capitalista de hábitat urbano. Non pretenda o espectador acudir ao teatro para ver unha recreación folclórica e nostálxica da malla: participará nun espectáculo moderno e vangardista que bota unha ollada con respecto sobre o que fomos e o que estamos a ser. A malla, símbolo do traballo comunitario, da festaasociada ao esforzo común e á terra, de formas de convivencia baseadas noutra economía, é a fórmula musical escollida para desenvolver o tema. En coherencia, o proceso creativo que dará forma ao espectáculo só pode ser colectivo. Pretendemos chegar á xente nova, sen caer na banalización e respectando as lembranzas dos nosos maiores. Buscamos innovar na linguaxe teatral, e ao mesmo tempo recuperar ereforzar a memoria do que nos é común e do que nos alimentou como pobo. O proceso de creación na Malla Tamén no proceso de traballo procúrase o modelo da propia Malla. Como traballo comunitario onde todos os veciños acoden ao chamamento do dono da casa para mallar o trigo, compromiso solidario que se repite en todas as casas, o proceso creativo implica a todo o equipo creativo dun xeito nonxerárquico. xerárquico Cada quen cumpre o seu papel de xeito transparente e consoante co conxunto. Sobre todo a creación é simultánea. Non hai texto pechado, nin interpretación predeterminada E si un proceso de predeterminada inada.
3
aprendizaxe onde o equipo artístico “aprende” no propio traballo a significación social e cultural da malla, único xeito de transmitila ao público de xeito auténtico...
Regístrate para leer el documento completo.