economía
Galicia ten como lingua propia o galego, similar e de orixe común co portugués, e comparte oficialidade co castelán.
Galicia posúe 2.778.913 habitantes (INE2012), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. Santiago de Compostela é a capital cun estatuto especial, dentro da provincia da Coruña. En Galicia, osnúcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol.
2. DEMOGRAFÍA
Cunhapoboación estimada (2010) de 2.738.591 habitantes, Galicia é a quinta comunidade autónoma de España segundo poboación. A súa densidade de poboación, de 92,6 hab./km², é lixeiramente superior á mediaespañola e semellante á europea.
A poboación de Galicia concéntrase na súa maioría nas zonas costeiras, sendo as áreas das Rías Baixas e o Golfo Ártabro (áreas metropolitanas da Coruña e Ferrol) asde maior densidade de poboación. O concello de Vigo, con 295.703 habitantes, constitúe o maior de Galicia, seguido dos da Coruña, 245.164 habitantes, e Ourense, 107.057 habitantes. Xunto con estas trescidades, Galicia conta con outras catro localidades consideradas cidades: Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol.
Vigo é a cidade máis poboada de Galicia.
Así mesmo, a comunidadeautónoma conta con cinco concellos con máis de 30.000 habitantes, dez concellos de entre 20.000 e 30.000 habitantes, e trinta e cinco de entre 10.000 e 20.000 entre os que destaca Monforte de Lemos.
Segundoo censo de 2006, o nivel de fertilidade das galegas era de 1,03 fillos por muller fronte ao 1,38 estatal e menor á cifra de 2,1 fillos por muller necesarios para que se produza o remprazo xeracionalda poboación. Entre as galegas, as luguesas e as ourensás son as que menos fillos teñen, con 0,88 e 0,93, sendo as primeiras, as que menos fillos teñen en España. En 2006 rexistráronse en Galicia un...
Regístrate para leer el documento completo.