Ecosistema

Páginas: 3 (683 palabras) Publicado: 14 de enero de 2015
CIENCIAS DA NATUREZA – 2ª Evaluación : ECOSISTEMA DO BOSQUE ATLANTICO

Un ecosistema é un sistema natural que está formado por un conxunto de seres vivos (a biocenose, ou elementos bióticos), omedio físico onde se relacionan (o biótopo, ou elementos abióticos) e as relacións que se producen entre si e o medio que os rodea. Os ecosistemas forestais ou bosques forman a maior masa da biosferaterrestre. Poden ser moi variados: selva, bosque seco, bosque templado, taiga, estepa, etc. Aquí imonos referir ao bosque atlántico galego ou fraga, que é unha variedade dos bosques templados húmedoscaducifolios (p.ex.: a Fraga de Caaveiro). É un bosque de clima templado, alta humidade e bastantes choivas, no que destaca a espesura da sua vexetación.

Os principais factores abióticos (os que nonteñen vida) da fraga son: as rochas (granito, pizarra, cuarzo, etc.), a auga abundante (tanto da choiva como dos ríos), as temperaturas moderadas, a humidade alta, a intensidade da luz baixa, o airelimpo, poucas horas de sol ou abundante nubosidade, salinidade media, vento con rachas fortes, a baixa altitude do terreo e o chan de cor escuro ou negro, e rico en materia orgánica e pH ácido.Ademais, podemos incluir aquí o lume, pois os incendios forestais tamén afectan á saúde da fraga.

Os factores bióticos ou seres vivos son: animais, plantas e microorganismos. En canto á flora ouvexetación da fraga destacan árbores ou arbustos como: carballo, bidueiro, castañeiro, ameneiro, salgueiro, freixo, pradairo, abeleira, érbedo, cerqueiro, loureiro, acivro, teixo, rebolo, lamigueiro, maceirabrava, etc, a mais de abundante toxo e silvas, xunto con outras especies como pinos ou eucaliptos, que non deberían estar aí. Na fraga tamén hai unhas vinte especies de fentos, que constitúen unha dasprincipais características deste bosque e mais de 240 especies de liques. A fauna tamén é moi diversa e nela destacan: pola súa rareza o mexillón de río, entre os moluscos; a vacaloura e a libélula,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Ecosistemas
  • Ecosistema
  • Ecosistemas
  • Ecosistemas
  • Ecosistema
  • Los Ecosistemas
  • ecosistema
  • ecosistemas

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS