El Club De Calceta

Páginas: 13 (3137 palabras) Publicado: 23 de octubre de 2012
María Reimóndez: O club da calceta

Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. Inspiradas na figura liberadora da tía Davina, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Ferananda van facendo ás lectoras e lectores partícipes da súa historiadesde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dálles voz a estas mulleres que desde as súas diferenzas atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega e as minusvalora. Desde a intriga, cun estilo áxil, que tira do ánimo de quen le de xeito entretido e mesmoproducindo hilaridade, a autora do Club da calceta ofrécenos unha novela que, tras a sorpresa que causa, fai emerxer unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina.
 Matilde, unha muller dun tamaño descomunal, sofre de moitas burlas ao longo da súa vida, grazas á Tía Davidia logra unirse a un grupo de mulleres que a comprenden. Traballa limpando casas e portais, e a vida de casada coseu marido volveuna sistemática e puntual nos seus quefaceres, tipica ama de casa. Nunha das súas visitas á casa da súa nai, descobre no trasteiro obxectos que pertencían á súa tía Davinia: figuras de madeira que representan a mulleres vestidas con traxes de militar, de domadora...; debuxos de mans manchadas, recortes de xornais con noticias varias... Todo iso axúdanlle a entender un pouco mellorá muller que ás veces se lle aparece para recordarlle que está na súa man cambiar a súa vida e superar o seu complexo de sobrepeso.
Anxos, unha muller 100% política, emprendedora a moreas. Trala eterna procura de traballos, pero só recibe respostas mediocres dos homes. É o noso apoio anímico e revolucionario do club. Feminista desde que estudaba na universidade, non esperaba terminar vivindo unhavida en parella monótona e na cal os valores que esperaba atopar quedaron aparcados no caixón do esquecemento.
Rebeca é a falsa loura-parva pero tola á hora de facer amizades. O amor tampouco é o seu. O seu xefe trátaa cal obxecto e o seu noivo non nega estar con outra á mesma vez que ela. Quizais o que necesita é un cambio de traballo, independizarse e deixar dunha vez por todas ao seunon-noivo.
Elvira pasou toda a súa vida coidando da Igrexa da cidade. Xa desde pequena diferenciábase das demais mozas porque a ela non lle interesaba a vida de casada/moble-de-adorno/ama-de-casa. Entre ela e a súa amiga Antonia, limpan a Igrexa a cargo do cura Serafín e fan presentables as figuras dos santos e a Virxe. Nun momento de reflexión, dáse conta de que o que a ela lle gustou facer na vida é sercura.
Luz, o personaxe máis machucado de todos, é unha prostituta que non tivo oportunidade de buscar outra saída mentres estudaba no colexio. Gústalle ler e escribir, pero pouco recorda de como empezar a poñer en papel as historias que lle roldan pola cabeza. A saída non está en pasar a ser posesión dun dos clientes que a visitan, e que lle ofrece unha vida con el. Non. Ela quere realizarsepola súa conta. Sobre todo porque as circunstancias creáronlle unha repulsión patológica cara aos homes.
Fernanda é minusválida, fáltalle unha perna e aínda que ten dúas fillas e un marido encantador, quixese traballar en algo como ser condutora de autobús. E que non a miren mal pola rúa. E que non a insulte todos os días o mesmo home: o condutor de autobús.
Tía Davinia: O modelo feminino aserguir polo club aínda que xa estea morta fai moitos anos, ela aparece, como a muller forte e decidida para auxiliar á muller máis necesitada.
Resumen

ELÁSTICO
O capítulo empeza cunha esquela dun falecido nun accidente de construción. O capítulo trata dunha muller, Matilde. Esta espértase tras un soño que se lle repite a miúdo. Prepáralle a comida ao seu marido (Manuel) pesea repróchelos deste...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • calceta
  • CALCETO
  • Calceta una ciudad
  • Clubes
  • clubes
  • el club
  • Club
  • te club

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS