el contador

Páginas: 11 (2652 palabras) Publicado: 10 de junio de 2014
3. A doutrina do coñecemento na crítica da razón pura.
3.1. Formulación Kantiana do problema do
coñecemento.

A primeira das preguntas as que debe responder unha crítica da razón é ¿Que podo
coñecer?; é dicir ¿É posible un coñecemento científico sobre as realidades das que non temos experiencia sensible?. Esta é a tarefa que Kant tenta levar a cabo nesta obra que se pode resumir naseguinte cuestión: ¿É posible a metafísica como ciencia?

3.1.1.Síntese entre racionalismo e empirismo.

Kant nos seus primeiros anos foi un filósofo racionalista, e máis tarde influenciado por
Hume abandonou segundo as súas palabras "O soño dogmático do racionalismo". Pero non podemos dicir que sexa empirista, xa que para el existen dúas fontes de coñecemento que están derivadas de dous sistemasfilosóficos: empirismo e racionalismo. Estas fontes son por unha banda a sensibilidade que segundo Kant é pasiva, xa que se limita a recibir a impresión do exterior e a outra fonte de coñecemento é o entendemento que é activo, produce espontaneamente conceptos sen derivalos da experiencia.

Kant por unha parte en contra do empirismo afirma que hai conceptos que non proveñen da
experiencia;pero ao mesmo tempo en contra do racionalismo afirma que estes conceptos so poden aplicarse na experiencia. Por exemplo o concepto de substancia fronte a Descartes non se podería empregar para referirse a Deus, alma... so se pode empregar para ordenar os datos que veñen dos sentidos.

Kant polo tanto chega as seguintes conclusións a cerca dos conceptos que o entendemento
posue sen derivar daexperiencia, a priori: 1º O entendemento utiliza estes conceptos para ordenar e unificar os datos da experiencia. 2º Non poden ser usados para referirse a algo do que non temos impresións dos sentidos.

¿Pero entón que pasa cos temas da metafísica?¿Son científicos os coñecementos destas
realidade?

3.1.2.A posibilidade da metafísica como ciencia e as
condicións do coñecemento científico.Para Kant poder saber se a metafísica é ou non unha ciencia o primeiro que ten que facer é
analizar en que se diferenza a metafísica de ciencias como a física e as matemáticas. Kant observa que a metafísica está nunha situación de inferioridade con respecto a estas ciencias por dous motivos: o 1º a ciencia é progresiva,é dicir as ciencias avanzan construíndo sobre o que outras fixeron antes. Encambio na metafísica continúan formulándose os mesmos problemas que na época de Platón e Aristóteles. O 2º os científicos se poñen de acordo nas súas teorías e conclusións, é dicir que o que un descobre é aprobado polos demais. En cambio na metafísica moitas veces os filósofos non se poñen de acordo.

Kant afirma por un lado que si conseguimos demostrar que a metafísica é posibles comociencia entón debemos construíla co mesmo rigor que as matemáticas e a física. Pero por outra banda afirma que de non der posible que a metafísica sexa unha ciencia habería que abandonar a pretensión de falar dela cientificamente.
A solución deste problema esixe a formulación dunha cuestión previa ¿Cales son as
condicións que fan posibles a ciencia? Temos que determinar estas condicións para poderpreguntar a continuación se a metafísica se axusta ou non a elas. Kant vai falar de dúas condicións necesarias para que o coñecemento sexa científico: 1ºCondicións empíricas tomadas do empirismo nas que Kant di que toda ciencia ten que basearse en datos que parten da experiencia, a posteriori. Son condicións particulares e poden variar; 2ºCondicións transcendentais (a priori tomadas doracionalismo) toda ciencia ten que basearse nuns contidos anteriores a experiencia, que pertencen a estructura do suxeito a priori. Son condicións universais e non varían.

3.1.3.Os xuízos sintéticos a priori.

A ciencia defínese como un conxunto de xuízos ou proposicións unidas entre si. Kant vai a
analizar os diferentes tipos de xuízos que existen para saber cales son as características da...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Contador
  • Contador
  • Contador
  • Contador
  • Contador
  • Contador
  • Contador
  • Contador

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS