El cuesti

Páginas: 8 (1961 palabras) Publicado: 1 de junio de 2014
1. a) Quen descubriu a estrutura molecular do ADN? James Watson e Francis Crick
b) En que ano? 1953

2. Describe a estrutura do ADN:
A molécula de ADN está composta por dúas cadeas de polinucleótidos unidas de forma complementaria mediante bases orientadas de modo antiparalelo e enroladas en dobre hélice arredor dun eixe imaxinario.

3. A) Os nucleótidos do ADN, que catro basesnitroxenadas teñen?
A (de adenina), T (timina), C (citosina) e G (guanina).
b) Cómo se aparean? aparearse: A con T e G con C.

4. Que é o único que pode diferenciar a información xenética dun individuo ou un xene da de doutro? a orde en que se dispoñen as bases no ADN, é dicir, a secuencia.

5. A que se chama desnaturalización do ADN? Á separación das dúas cadeas dunha molécula de ADN nunlaboratorio ao elevar a temperatura

6. A que se chama hibridación do ADN? 0 proceso mediante o que dúas cadeas sinxelas de ADN de distinta procedencia se unen para dar lugar a unha cadea, para iso, hai que baixar a temperatura.

7. Que utiliza a enxeñería xenética e con que propósito?
Utiliza diversas técnicas de manipulación de ADN co propósito de introducir xenes nun organismo (virus, bacteria,vexetal, animal e mesmo humano) no material hereditario doutro.

8. En que consiste a tecnoloxía do ADN recombinante?
A tecnoloxía do ADN recombinante forma parte da chamada enxeñería xenética cuxas técnicas permiten localizar e cortar un xene dunha determinada especie e inserilo no xenoma doutra especie distinta.

9. Que significa OMG ou OMX? organismo modificado xeneticamente

10. Queé o millo transxénico (millo Bt)? É millo resistente ao ataque dos trades. Ao xenoma deste millo incorporóuselle un xene procedente dunha bacteria (Bacillus thuringiensis) capaz de fabricar unha substancia velenosa para os trades. As larvas que atacan as plantas transxénicas de millo morren intoxicadas.

11. Como se obtén insulina humana mediante enxeñaría xenética?
Primeiro localízase o xeneresponsable dentro do xenoma humano. Despois córtase mediante enzimas de restrición. A continuación incorpórase a un vector (un plásmido) que o fará chegar ata o interior de bacterias para que produzan insulina humana.

12. Define: ADN pasaxeiro e ADN recombinante
ADN pasaxeiro: Chamamos ADN pasaxeiro ao ADN que contén un xene de interese que se quere inxerir no xenoma doutro organismo paraconseguir a produción por parte deste da substancia desexada.
ADN recombinante: É o ADN froito da fusión entre o propio ADN e o ADN pasaxeiro

13. Que son os enzimas? Os enzimas son biocatalizadores, é dicir, moléculas que aceleran as transformacións químicas que teñen lugar nas células.

14. Que é a enzima ADN polimerasa? O enzima ADN polimerasa acelera o proceso de formación de ADN, unhagran molécula, a partir de moléculas pequenas, os nucleótidos. A enzima préndese aos nucleótidos e facilita a súa unión.

15. Que son os enzimas de restrición? Os enzimas de restrición cortan o ADN en fragmentos por lugares precisos. Hai varios enzimas de restrición e cada un deles corta o ADN por unha secuencia diferente.

16. Que son os vectores? Para que se utilizan?
Os vectores sonmoléculas, microorganismos ou partículas víricas que se usan para transportar o ADN de interese ou ADN pasaxeiro ata o organismo onde se quere inserir.

17. Cales son os pasos para realizar unha transferencia xénica entre os organismos?
Primeiro hai que localiza-lo xene desexado no xenoma dun individuo. Despois córtase mediante unha enzima de restrición. Logo os fragmentos producidos debeninxerirse no vector axeitado que será o encargado de transportalo ata a célula de destino.

18. Que é a PCR e para que se emprega? A PCR ou reacción en cadea da polimerasa é un procedemento bioquímico de replicación de ADN que permite duplicar un fragmento orixinal de ADN tantas veces como se queira para acadar amplificar a cantidade de ácido nucleico e poder realizar análises diversas.

19....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Cuestio
  • Cuestio
  • cuestio
  • Cuestio
  • unad cuestio
  • Cuestio Hera
  • Cuesti NCAMPOSsoluc
  • Estado de la cuesti n

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS