El Estado Del Bienestar Y El Desastre De La Austeridad

Páginas: 5 (1210 palabras) Publicado: 13 de marzo de 2013
O Estado do Benestar e o desastre da austeridade

Este mesmo ano, Paul Krugman, profesor de Economía e premio Novel, dicía o seguinte: “O máis exasperante desta traxedia –referíndose á actual crise financeira- é que era totalmente innecesaria. Hai un século, calquera economista podería dicir que a austeridade fronte a unha depresión era unha idea moi mala. Pero os que elaboran as políticas, osexpertos e, sinto dicilo, moitos economistas decidiron, en gran parte por razóns políticas, esquecer o que sabían. E millóns de traballadores están pagando o prezo da súa amnesia deliberada”. O que estaba dicindo Paul Krugman é que moitos economistas e políticos esquecen deliberadamente as leccións do pasado, e as esqueceron por razóns políticas e ideolóxicas, porque non teñen inconveniente enacabar co Estado de Benestar que tantos anos custou conseguir, con tal de reafirmarse na súa ideoloxía ou práctica política por moi equivocada que estea.

Seguindo este razoamento cito unha frase do laureado historiador Josep Fontana, do seu libro “La Historia después del fin de la Historia”, que ven a ser o que penso que debemos facer todos -ou polo menos os que somos conscientes de que vivimosnun mundo onde existen clases sociais, e os privilexiados e poderosos non teñen a intención de ceder parte dos seus privilexios a cambio dunha sociedade máis xusta- dentro das nosas posibilidades, loitar por unha sociedade máis xusta e igualitaria: “... convén que quede claro que hai algo do que sostivemos no pasado do que non nos avergoñamos nin temos renegado: o propósito de seguir loitando porun mundo onde haxa a maior igualdade posible dentro da maior liberdade”.

O Estado de Benestar foi construído fundamentalmente a raíz da Segunda Guerra Mundial, e grazas ao pensamento socialdemócrata, que primaba ao Estado, á colectividade fronte ao individualismo (ao contrario do pensamento neoliberalista que abandeiran os partidos políticos de dereitas como o PP, que priorizan ao individuo ereducen o colectivo, e por ende ao Estado á mínima expresión). O Estado somos todos, non é un ente abstracto nin un inimigo. Os países que posúen un Estado forte teñen pouco paro e un alto nivel de vida e, precisamente neses países comezou o Estado de Benestar. Para manter o Estado de Benestar hai que pagar impostos naturalmente, pero de forma proporcionada e xusta, e eses impostos teñen quereverter na cidadanía, no seu beneficio.

O Partido Popular e a Europa da Comunidade Europea, dominada politicamente por países conservadores, pretende convencernos de que para manter un Estado de Benestar hai que reducir o déficit público de forma brutal, e que é a única saída á crise actual. Pero é unha falacia. Do mesmo xeito que non é certo que unha reforma laboral que abarata o despido ereduce os dereitos dos traballadores é a solución ao problema do paro, porque a historia demostra o contrario –e os datos destes últimos anos de crise con esta política tamén-. O abaratamento do despido dá lugar aos contratos precarios e ao despido fácil, porque a maioría das empresas –polo menos neste país- miran máis polos seus propios beneficios que polos recursos humanos dos que dispoñen. Aconclusión lóxica é que a reforma laboral que reduce dereitos aos traballadores leva a máis paro, e para contrastar esta afirmación só hai que botar unha ollada ás reducións de plantilla que fixeron moitas empresas desde que foi aprobada polo goberno de Rajoy.

A arma do PP e dos conservadores en xeral, para impoñer a súa ideoloxía neoliberal, é o medo. E resulta paradóxico que os culpables da criseteñan a mesma ideoloxía e argumentos que os que defenden os recortes. Nunha sociedade desesperada e con medo, non é difícil gobernar como na época absolutista, e incluso convencer de que iso é o que hai que facer. O franquismo aproveitábase do medo para perpetuar a súa tiranía. O Partido Popular está facendo o mesmo cando a crise golpea á xente, e faino coas mesmas armas. A única diferenza é que...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • El Desastre De La Austeridad
  • La Austeridad
  • Politicas de austeridad
  • Valor austeridad
  • Ley de austeridad
  • la austeridad y el crecimiento
  • Plan De Austeridad
  • la trampa de la austeridad

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS