El franquismo

Páginas: 9 (2124 palabras) Publicado: 21 de abril de 2014
A evolución da política económica durante o franquismo

Desde a fin da guerra civil, 1939, e ata a morte de Francisco Franco, 1975, España viviu baixo un réxime dictatorial (o franquismo) dirixido por un dos militares sublebados o 18 de Xullo de 1936 na guerra civil.

O franquismo foise configurando como un sistema no que se mesturaban elementos fascistas e do catolicismo conservador:concentración de poderes en Franco, Estado confesional, unha única opción política (Movemento Nacional) e sindical (Sindicato Vertical), control e uniformización cultural…A fundamentación teórica procedía, básicamente da Falanxe.

Os trazos ideolóxicos básicos do franquismo mantivéroinse practicamente inalterados, a pesar dos importantes cambios socioeconómicos experimentados pola sociedade española.Ata finais dos anos 50, España viviu unha longa posguerra caracterizada pola escaseza e a penuria económica.

A década dos sesenta supuxo un cambio económico radical que foi cualificado como milagro polo importante desenvolvemento alcanzado.

O asesinato, en 1973, do presidente do Goberno, Luis Carrero Blanco, marca o inicio da fin do franquismo que, a pesar do incremento da oposición, nonrematou máis que coa morte do dictador en 1975.

1. Da autarquía económica aos inicios da liberalización

A actividade económica non recuperou os índices da preguerra ata ben entrados os anos cincuenta. A sociedade española sufriu un retroceso xeral na súa calidade de vida, tende que recorrer moitas veces ao mercado negro ou retornando ao campo para poder conseguir os imprescindibles produtosde primeira necesidade.

1.2 O período autárquico. 1939-1950

A política económica da posguerra caracterízase pola autarquía e a intervención estatal co obxectivo básico de lograr a autosuficiencia económica “O problema máis grande que se presenta á economía española é o desnivel desfavorable da nosa balanza de pagos co estranxeiro (...) Suprimilo ten que constituir a directriz principal danosa política económica (...)” (Doc.1: “Fundamentos y directrices de un Plan de saneamiento de nuestra economía, armónico con nuestra reconstrucción nacional” (1939), por Francisco Franco). Nesta concepción reflíctese a influencia dos modelos fascistas europeos, sobre todo do italiano, ademais da teoría de que os pobos libres non deben depender economicamente do exterior.

Na agricultura foroncaracterísticas dsta etapa o descenso da producción debido á escaseza de abonos, a falta de maquinaria, a baixa productividade e a reducción da superficie cultivada, o que explica os problemas no abastecemento de alimentos. O Servicio de Reforma Social da Terra continuou a contrarreforma agraria iniciada durante a guerra civil e que favorecía claramente aos grande propietarios e terratenentes, querecuperaron as terras expropiadas pola República. Pra incrementar a producción agraria a través da colonización e posta en explotación de novas terras organizouse o Instituto Nacional de Colonización. Os resultados económicos destas medidas non foron demasiado favorables, a pesar da propaganda oficial que delas se fixo. Para evitar a excesiva parcelación das propiedades, en 1952 foi aprobada a Leide Concentración Parcelaria.

Na industria seguiouse a política intervencionista e de fortes restriccións legais aos investimentos estranxeiros. Creouse o Instituto Nacional de Industria (INI, 1941) para o control da producción dos sectores industriais básicos, e do que o Estado era o maior inversor e promotor. A dependencia tecnolóxica do estranxeiro dificultaba que se lograra o obxectivofundamental da política industrial oficial: a reducción drástica das importacións “Imponse a nosa política comercial no exterior: (...) suprimir importacións que non sexan indispensables (...)”(Doc.1: “Fundamentos y directrices de un Plan de saneamiento de nuestra economía, armónico con nuestra reconstrucción nacional” (1939), por Francisco Franco).

Nos transportes destacou a nacionalización da...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Franquismo
  • Franquismo
  • Franquismo
  • Franquismo
  • El Franquismo
  • Franquismo
  • Franquismo
  • Franquismo

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS