En Busca Del Fuego

Páginas: 5 (1150 palabras) Publicado: 31 de enero de 2013
EN BUSCA DEL FUEGO / GUERRE DU FEU
É una película franco-canadiense do ano 1981 de 96 minutos de duración.
Baseada na novela homónima de J.H. Rosny
Desenvólvese na prehistoria e narra as aventuras dun grupo de homes que obedecendo a orde do xefe da súa tribo abandonan ao resto do grupo para saír en busca do lume, que perderan nun enfrontamento que tiveran con outra tribo.
Director:Jean-Jacques Annaud
Actores:
* Everett Mc Gill
* Ron Perlman
* Nameer Al-kadi
* Rae Daw Chong
Guión : Gérard Brach
Música : Philippe Sarde
Fotografía : Claude Agostini
Xénero : Aventura / drama prehistórico
Premios : en 1982 gañou o Óscar ao mellor maquillaxe e neste mesmo ano tamén gañou o César á mellor película.

O LUME
A perda do lume supoñía para a tribo un prexuízoimportantísimo.
O lume era imprescindible para a supervivencia naquela terra inexplorada e descoñecida de fai 80.000 anos.
Proporcionáballes iluminación, na película podemos apreciar como a luz da fogueira lles mitiga os medos e como se senten desamparados cando o lume se apaga.
Con el podían defenderse do ataque dos animais salvaxes e doutras tribos invasoras.
Podían quentarse e abrigarse nos díasfríos e tamén lles servía como ferramenta para cazar.
Utilizaban o lume para cocer os alimentos e isto facía que a carne dos animais que cazaban estivera máis branda e tivera mellor sabor, ao cocer os alimentos tamén se destruían os xermes e as bacterias evitándolles enfermidades causadas pola inxestión de alimentos crus.
Por todo isto, a obtención do lume era tan importante.
Os membros datribo protagonista non sabían crear o lume, e obtíñano de maneira natural dos incendios, provocados por tormentas eléctricas ou dos volcáns e alimentábano con ramas das árbores e coidábano celosamente para que nunca se apagase, e protexíano para que ninguén llo roubase.
Era un ben tan prezado que provocaba guerras, de modo que preservalo supoñía un gran desafío.
Representaba o eixo daprogresión das tribos. De feito os protagonistas da película coñecen a unha muller pertencente a unha tribo máis evolucionada, que lle mostra a técnica de crear o lume e isto vai a supoñer un avance decisivo no desenvolvemento e evolución deste grupo.

A ECONOMÍA
O momento histórico que se reflexa no filme é o dunha coexistencia do home de Neandertal e o de Cro-Magnon, que segundo testemuñan os fósilesatopados, ocorría no Pleistoceno (Paleolítico) fai máis ou menos uns 80.000 anos.
Nesa época non existía a agricultura nin a domesticación de animais, polo que se alimentaban de carne, que cazaban utilizando armas moi rudimentarias, como: pedras ou o lume.
Para abrigarse do frío usaban as peles dos animais que cazaban.
Tamén comían follas de árbores e froitos que nacían espontaneamente nanatureza.
Cando estes recursos se esgotaban nunha zona víanse obrigados a desprazarse a outra, polo que os homes desta época eran nómades.
Sabendo isto parece que existe algún anacronismo na película, porque podemos apreciar que na tribo da muller, que os protagonistas rescataron dos caníbales, estaba asentada vivindo dunha maneira sedentaria e utilizaban recipientes de cerámica, tamén se venbolsas de peles, zapatos e guantes para o que necesitarían utilizar ferramentas para a súa fabricación e isto non sería posible ata o Neolítico.
A LINGUAXE
Na película diferenciamos diferentes maneiras de falar dependendo da tribo.
A tribo protagonista era más primitiva e estaba pouco evolucionada e isto manifestábase tamén na linguaxe que se baseaba en xestos, en xemidos e en gruñidos moi parecidosaos dos primates. Non articulaban palabras. Pero eran entendidos polos demais integrantes da tribo que eran capaces de identificar as condutas dun momento concreto e relacionalas con un contexto xa coñecido no que se actuaba do mesmo xeito.
A tribo da muller estaba máis evolucionada e manifestábase claramente na linguaxe que utilizaban.Estes xa articulaban palabras e sabían comunicar...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • En Busca Del Fuego
  • En Busca Del Fuego
  • En Busca Del Fuego
  • en busca del fuego
  • En Busca Del Fuego
  • En busca del fuego
  • En Busca Del Fuego
  • en busca del fuego

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS