Energias_renovables Daria_y_Alvaro
Álvaro Ferreira.
Daria Bakteeva.
1
Índice:
1. Introdución………………………………………………………………………………páx. 3
2. Enerxía solar……………………………………………………………………………páx. 4-5
3. Enerxía eólica…………………………………………………………………………páx. 5-7
4. Enerxía hidráulica………………………………………………………………… páx. 7-9
5. Enerxía mareomotriz…………………………………………………………… páx. 9-10
6. Outras fontes de enerxía mariña…………………………………………páx. 10
7. Enerxía xeotérmica…………………………………………………………………páx. 10-11
8. Enerxía da biomasa e RSU………………………………………………………páx. 10-13
9. Conclusión……………………………………………………………………………….páx. 13
10.
Bibliografía…………………………………………………………………… páx. 14
2
1.- Introdución.
A demanda de enerxía da sociedade actual, o risco de esgotamento dos combustibles
fósiles e os perigos da enerxía nuclear proporcionaron odesenvolvemento de traballos de
investigación para encontrar novas fontes de enerxía capaces de sustituir, ou complementar, ás
xa coñecidas e estudadas.
Estas novas fontes de enerxía denomináronse renovables, xa que a cantidade de enerxía útil
que xeran aínda non lles permite ser un sustituto eficaz da que se obtén por medio das grandes
centrais térmicas ou nucleares.
Entre as enerxías renovables podemosdestacar a enerxía solar (por vía heliotérmica ou
mediante conversión fotovoltaica), a eólica, a xeotérmica, a mareomotriz e outras actualmente
en estudo, como a olamotriz ou a hidrotérmica. Tamén poden incluirse neste grupo as enerxías
procedentes do aproveitamento da biomasa e dos residuos sólidos urbanos (RSU).
As fontes de enerxía renovables caracterízanse por ser máis limpas e baratas que asnon
renovables e prácticamente inesgotables.
● Limpas, porque a maioría dos procesos de transformación utilizados non xeran residuos
contaminantes.
● Baratas.
● Inesgotables, porque a fonte primaria de enerxía é o Sol. Pode aproveitarse
directamente, ou a través dos fenómenos naturales que provoca e que dan orixe aos
recursos enerxéticos utilizados: vento, mareas, enerxía interna, biomasa…
3
2.-Enerxía solar.
O 90% da enerxía térmica xerada polo Sol, que funciona como un gran reactor nuclear,
prodúcese no núcleo, formado basicamente por hidróxeno e helio. Nesta zona, as reaccións de
fusión nuclear transforman o hidróxeno en helio.
Esta enorme cantidade de enerxía transmítese ao universo en forma de radiación. Porén, á
atmosfera soamente chega dúas millonésimas partes do total, debido aque esta actúa como
filtro.
A tecnoloxía actual permite a utilización da enerxía solar de dúas formas: mediante
aproveitamento fototérmico e por conversión fotovoltaica.
● O aproveitamento fototérmico consiste na absorción da enerxía solar e a súa
transformación en calor.
● A conversión fotovoltaica permite transformar directamente a enerxía solar en enerxía
eléctrica.
2.1-Aproveitamentofototérmico
O aproveitamento fototérmico da enerxía solar consiste en utilizar a enerxía que se recibe na
superficie terrestre para calentar un fluido que, en función da súa temperatura, empléase para
producir auga quente, vapor de auga ou enerxía eléctrica. O sistema máis utilizado o constitúen
os colectores (un colector é un dispositivo capaz de absorber a radiación solar e transmitila a un
fluído, demodo que este aumente sensiblemente a súa temperatura).
2.2-A conversión fotovoltaica
Mediante a conversión fotovoltaica, conseguimos transformar directamente a enerxía luminosa
en enerxía eléctrica, mediante células fotovoltaicas, que reciben a radiación solar e, mediante un
conxunto de fenómenos a escala atómica, producen enerxía eléctrica.
2.3-Impacto medioambiental
A enerxía solar e as súasinstalacións de explotación non xeran emisións nocivas para a
atmosfera (a excepción do seu proceso de fabricación, no que se emiten gases perxudiciais, pero
que de ningún modo se achegan ás cifras emitidas polas fontes non renovables durante todoo o
proceso de obtención de enerxía), nin vertidos de natureza tóxica e, ademais, evitan o uso de
combustibles fósiles, polo que non exercen ningunha...
Regístrate para leer el documento completo.