ENIL

Páginas: 9 (2230 palabras) Publicado: 19 de noviembre de 2014
8.706

DIARIO OFICIAL DE GALICIA

I. DISPOSICIÓNS XERAIS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Decreto 124/2005, do 6 de maio, polo
que se regula a figura de espazo natural
de interese local e a figura de espazo privado de interese natural.
O Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado
mediante Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, recolle
no seu artigo 27.30º a competencia exclusiva daComunidade Autónoma de Galicia para ditar normas
adicionais de protección do ambiente e da paisaxe,
nos termos do artigo 149.1.23º da Constitución.
Ao amparo da súa potestade lexislativa na dita
materia, establecese mediante a Lei 9/2001, do 21
de agosto, de conservación da natureza, o réxime
xurídico dos espazos naturais protexidos de Galicia
e da flora e fauna silvestres autóctonas e máis dosseus hábitats, e supón o instrumento legal máis
actual da normativa autonómica en materia ambiental. Segundo se manifesta no seu artigo 1, ten como
obxecto establecer normas encamiñadas á protección, restauración e mellora dos recursos naturais
e á axeitada xestión dos espazos naturais e da flora
e fauna silvestre.
A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación
da natureza, define con carácterxeral no seu título I
«Dos espazos naturais», os espazos naturais que
deben considerarse merecedores dunha protección
especial, establecendo as súas categorías e regulando o seu procedemento de declaración. Esta lei
prevé, en atención aos recursos naturais ou biolóxicos e aos valores que conteñan, oito categorías de
espazos naturais protexidos, entre eles os espazos
naturais de intereselocal e espazos privados de interese natural e consolida a competencia da Consellería de Medio Ambiente para propoñer as normas
de protección dos espazos naturais que hai que protexer, xunto coas entidades locais e mesmo cos cidadáns particulares. Por isto para as categorías de espazo natural de interese local ou espazo privado de
interese natural, o procedemento iniciarase por instancia de parte,correspondéndolle á Consellería de
Medio Ambiente a tramitación do procedemento de
declaración.
O obxectivo deste decreto é regular o procedemento de declaración das categorías de espazo natural de interese local e de espazo privado de interese
natural, fixando os criterios que se seguirán para
a súa formación e xestión, establecendo a documentación mínima que debe conter cada expediente.Polo tanto, en virtude do disposto na Lei 1/1983,
do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu
presidente, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de
outubro, por proposta do conselleiro de Medio
Ambiente e logo de deliberación do Consello da Xun-

No 97 L Luns, 23 de maio de 2005
ta de Galicia, na súa reunión do día seis de maio
de dous mil cinco,
DISPOÑO:
Artigo 1º.-Obxecto.
Este decretoten por obxecto o desenvolvemento
e execución da lexislación autonómica aplicable ás
categorías de espazo natural protexido previstas nas
alíneas h) e i) do artigo 9 da Lei 9/2001, do 21
de agosto, de conservación da natureza, que se denominan: espazos naturais de interese local e espazos
privados de interese natural.
Artigo 2º.-Concepto.
A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación
danatureza, define as categorías de espazos naturais
protexidos, en función dos bens e valores que hai
que protexer, establecendo:
-Espazos naturais de interese local (ENIL).
Por petición dos concellos e logo de informe da
Consellería de Política Territorial, Obras Públicas
e Vivenda, a Consellería de Medio Ambiente poderá
declarar como espazos naturais de interese local
aqueles espazosintegrados no termo municipal, que
polas súas singularidades sexan merecedores dalgún
tipo de protección dos seus valores naturais.
-Espazos privados de interese natural (EPIN).
As institucións e propietarios particulares dos
terreos nos cales existan formacións naturais, especies ou hábitats de flora e fauna silvestres, dos que
se considere de interese a súa protección, poderanlle
propoñer á...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • TAREA ENIL 123 2

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS