Entrevista a juan slagado taboada

Páginas: 7 (1540 palabras) Publicado: 21 de marzo de 2012
Aquí vos deixamos con unha entrevista a Juan Salgado Taboada o creador de Memoria Pixelada, a primeira web acerca de videoxogos en galego!
- Que é Memoria Píxelada, e que queres que sexa?
Memoria Pixelada xorde como resposta ao oco existente no ámbito dos videoxogos na nosa lingua. Antes de que Memoria Pixelada saíse á luz non existía ningunha páxina adicada exclusivamente aos videoxogos engalego o que me fixo lanzarme á aventura, porque estou seguro que existe unha minoría e dentro desta minoría unha elite que lle guste e agradeza informarse sobre este mundo en galego.
Nun principio a páxina naceu como blogue persoal, pero pouco a pouco Memoria Pixelada foise profesionalizando, sumáronse novos colaboradores, novos apartados... e esperemos que a páxina continúe evolucionandopouco a pouco.
Tamén quero resaltar que dentro da páxina existen unha serie de apartados dedicados ao humor, risco que sempre caracterizou á nosa páxina.
Pero o que verdadeiramente facemos en Memoria Pixelada é comentar as últimas novidades do sector, realizamos análises de videoxogos que sirvan de orientación aos lectores antes de adquirir un título, realizamos artigos sobre temasactuais, incluso un dos colaboradores traduciu varios emuladores á nosa lingua, un feito que debemos agradecer todos. Como vedes, intentamos plasmar todo tipo de contidos relacionados co mundo dos videoxogos na nosa páxina.

- Como se che dou por facer Memoria Pixelada?

Como xa dixen anteriormente doíame que non existise ningunha páxina en galego que tratase sobre este tema, a parte dalgúnapartado como a sección de Código Cero e similares, pero ningunha incidía con suficiente importancia no tema, nin se adicaba exclusivamente aos videoxogos.
Deste xeito atrevinme a sumerxirme no mundo de internet cun blogue que pouco a pouco foi medrando até o que é hoxe.
Pero existe outro motivo que me levou a facer Memoria Pixelada, e non é outra que as ganas de falar libremente sobre untema que sempre me apaixonou dende pequeniño.
Sempre dixen que medrei cun "pad" na man, dende a mítica NES até as últimas consolas desta xeración e sentía a necesidade de expresar as miñas opinións a todo aquel que me quixese ler.
Así, Memoria Pixelada foi a solución ás miñas inquietudes.

- Que aporta esa páxina que non aporta outras?
Obviamente o idioma, porque MemoriaPixelada é a única web acerca dos videoxogos integramente en galego, o que nos distingue do resto de páxinas.
Pero a tradución de emuladores, artigos humorísticos (como entrevistas imaxinarias a personaxes de videoxogos), seleción dalgúns xogos dispoñíbeis para correlos no propio ordenador... son algunhas das características que non se acostuman ver noutras páxinas de videoxogos.Tampouco quero deixar de mencionar os artigos de opinión que realizamos sobre o mundo dos videoxogos, con temas a debatir que non deixan a ninguén indeferente, e por suposto, respetando e coidando a nosa lingua.

- Hai pouca relación entre a lingua galega e os videoxogo, mais ti arriesgaches e conseguiches xuntar esas dúas realidades, crees que se deberían abrir máis páxinas en galego sobre osintereses da xente nova, e menos nova?
Sen dúbida ningunha. Sei que abrir páxinas en galego supón unha enorme limitación de visitantes porque desgraciadamente aínda se continúa dando máis prestixio a páxinas en castelán, e aquí o grande problema. E cal é a solución?, pois demostrando exactamente o contrario.
Pero a maioría prefire non arriscarse e comezar blogues e páxinas moi interesantesnoutras linguas. Afortunadamente existen medios como Comunidade GZ (actual foro sobre videoxogos) ou a Rede de Blogues Vencello (na cal Memoria Pixelada colabora) que se atreven a levar a cabo os seus proxectos na nosa lingua. Precisamente Vencello é unha rede cun obxectivo no cal todos debemos colaborar, e non é outro que englobar unha serie de blogues das máis diversas temáticas en galego....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Entrevista a Juanes
  • ENTREVISTA JUAN VILLORO
  • Entrevista a Juan Manuel de Rosas
  • Entrevista a sor juana
  • Entrevista Juan Gosain
  • Entrevista A Sor Juana
  • Entrevista a sor juana
  • Entrevista Juan Hevia Hevia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS