Entrevista a stalin

Páginas: 60 (14900 palabras) Publicado: 15 de octubre de 2010
PREGUNTAS E RESPOSTAS AOS SINDICALISTAS AMERICANOS Entrevista de Stalin coa Primeira Delegación Sindical Americana na Unión Soviética

Publicado orixinalmente no Pravda o 15 de setembro de 1927 A versión en inglés foi publicada na Workers’ Library o 15 de decembro de 1927 Traducido ao galego por Estoutras

estoutras
Outono 2008

estoutrasnotaspoliticas.blogspot.com estoutrasnotaspoliticas.blogspot.com

INTRODUCIÓN

Un dos acontecementos máis importantes na recente historia do movemento obreiro americano constitúeo a visita da Primeira Delegación Sindical Americana á Unión Soviética. Para o observador superficial é difícil comprender por que e como a Unión Soviética desempeñou un papel importante no desenvolvemento do movemento obreiro americano. En América, temos o sistemacapitalista máis poderoso. Na Rusia soviética, temos un crecente sistema económico socialista. En América, a clase capitalista ten o poder incuestionabelmente. Na Rusia soviética, é o proletariado quen ten o poder. Porén, estas fortes diferenzas nas relacións de clase e na estrutura económica dos dous países non abondan para crear un abismo entre os seus movementos obreiros. O movemento obreiroamericano ten algunhas valiosísimas tradicións. Porén, en comparación cos veteranos movementos obreiros dalgúns países europeos, as tradicións da nosa clase obreira son febles. Especialmente nun país onde o movemento obreiro é novo, e as tradicións non son moitas, a existencia dunha República Soviética noutro país xoga un importante papel como fonte de inspiración e experiencia. Neste momento, asgrandes masas obreiras non son conscientes, non están o suficientemente interesadas nos acontecementos que teñen lugar na República Soviética. Sen embargo, xa hai unha apreciábel parte do movemento obreiro americano, vigorosa no carácter e crecente no número, que está moi interesada no progreso e desenvolvemento da Primeira República Soviética de Obreiros e Campesiños do mundo. O estabelecemento daxornada laboral de 7 horas na Unión Soviética, os pasos adiante cara á construción do socialismo na URSS, a crecente importancia da Rusia soviética na esfera internacional, o marabilloso crecemento e a forza do movemento sindical ruso en contraste coa difícil situación e o colapso do movemento obreiros nos países capitalistas, todo isto servirá para facer medrar o interese das masas obreiras noavance da República Soviética. Precisamente, por mor desta potencialmente poderosa influencia que o avance da Unión Soviética terá nos Estados Unidos, particularmente no movemento obreiro, os reaccionarios burócratas sindicais propagan prexuízos, calumnias e as mentiras máis viles contra a Unión Soviética. Os nosos lugartenentes do imperialismo saben ben que, unha vez que a grande masas de obreirosdescubran as súas mentiras sobre a Unión Soviética, unha vez desaparecido todo prexuízo, entón, o principal baluarte da reacción capitalista nos Estados Unidos –a burocracia sindical- recibirá un golpe mortal. Esta é a razón pola que os dirixentes da Federación Americana do Traballo combaten feramente o recoñecemento da Unión Soviética, e polo que loitan tan desesperadamente contra calqueraintento de explicar aos obreiros americanos a realidade da Unión Soviética.

3

estoutrasnotaspoliticas.blogspot.com

Baixo estas condicións, a visita dunha delegación sindical americana, composta por moderados sindicalistas de ‘boa fe’, ten unha importancia sobranceira. A Rusia soviética, como se viu a través dos ollos dos sindicalistas americanos, é retratada no Informe da Primeira DelegaciónAmericana do Traballo. Preguntas e Respostas aos Sindicalistas Americanos completa un estudo moi completo sobre a clase obreira estadounidense e rusa. Isto é certo, malia que a delegación sindical non cargaba con todos os prexuízos e ideas erróneas da maioría da burocracia sindical que agora domina o movemento obreiro. A fenda entre o desenvolvemento da consciencia de clase entre os obreiros...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • stalin
  • Stalin
  • Stalin
  • Stalin
  • stalin
  • Stalin
  • Stalin
  • stalin

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS