Envejecimiento En Galicia
Mulheres em luta contra o agronegócio!
No 2006, co gallo da celebración do 8 de marzo, agricultoras do MST e da Via Campesina realizaron unha acción quemarcou un antes e un despois na loita contra o agronegocio no Brasil. Cerca de 2000 mulleres puxéronse en marcha ata as instalacións da empresa Aracruz Celulose na localidade de Barra do Ribeira-Rio Grande do Sul, ocupando a propiedade e destruindo estufas e sementeiras de eucalipto, monocultivo que de forma paulatina vai ocupando maiores extensións de terra, ameazando gravemente a soberaniaalimentar do pobo brasileiro.
Mediante a acción directa, as mulleres de ambos movementos amosaron o seu repudio ao sometimento da política agroforestal brasileira aos caprichos das empresastransnacionais, e alertaron sobre o impacto nefasto dos “desertos verdes” para a produción de alimentos dirixidos ao abastecemento familiar e dos mercados locais, alén dos obstaculos para a efectivaconcretización da reforma agraria no Brasil. A concentración fundiaria é unha problemática que afecta directamente as mulleres, que enfrontan maiores escollos na tenencia e aceso á terra e aos medios deprodución.
Nos anos subsecuentes, as labregas brasileiras puxeron en xaque ao discurso que apelaba á docilidade e ao“bon senso” como caracteristicas esencializadas, demostrando que a acción directa é aúnica ferramenta dos pobos oprimidos para romper cos esquemas establecidos polo capital e o patriarcado.
Os últimos actos contra as agresións sociais e ambientais que o agronegocio ven asestando ápoboación brasileira, levouse a cabo este mesmo ano en Eunápolis, no sur do estado da Bahia, no marco das xornadas de loitas do 8 de marzo, Dia Internacional da Muller.
Desta volta, en torno a 1500mulleres cortaron a estrada que da acceso as terras da Veracel Celulose, transnacional que detñen cerca de 205 mil hectares de terras no extremo sur da Bahia, sendo cerca de 96 mil hectares de...
Regístrate para leer el documento completo.