epicuro
o libertador
Carlos García Gua
M
Epicuro, o libertador
1
Edita
Ateneu Libertário "Ricardo Mella"
A Coruña, Febreiro 2001
Edición para a web: CNT - A Coruña,
novembro 2009
Reedición de Epicuro, el libertador,
de Carlos García Gual,
publicado orixinalmente en
Ética de Epicuro. La génesis de una moral
utilitaria,
de Carlos García Gual e Eduardo Acosta
Méndez,publicado por Barral Editores na sua
Biblioteca de rescate textual, nº 1
(Barcelona 1974)
Deste libro reeditamos tamén a tradución
castellana das Máximas Capitales e dos
Fragmentos y testimonios escogidos.
Ilustracións:
J. Saudek, Membro do Comité de Saúde Pública, 1996 (portada e
contraportada), Xigante de Cerne Abbas, Dorchester, Inglaterra, ??
antes da nosa era (páxina 2), Parella deamantes, Grécia, 430-420
a.N.E. (comezos de capítulo), Danzas eróticas, Grécia, século VI
a.N.E. (páxina 52), Rembrandt, A cama francesa ou A posición
feliz, c. 1640 (páxina 65), Franz von Bayros, Doce caracol, c. 1909
(páxina 60), Toulouse-Lautrec, A boa rapaza, finais século XIX
(páxina 6), Jean Dubuffet, Xogos I, Plancha V de Labonfam Abeber,
1949 (páxina 58), Jean Cocteau, Ilustración paraQuerelle of Brest,
de Jean Genet, 1947 (páxina 50), Retrato de Epicuro, época romana (páx. 51 e 59).
2
Carlos García Gual
Introdución
Pode parecer extravagante e inútil que un Ateneu
libertário de princípios do século XXI edite uns textos acerca
dunha corrente filosófica que xurde hai 2.400 anos, a vários miles de kilómetros de aquí. Que fai que Epicuro ainda resulte intrigante,interesante, digno de adicar-lle unhas poucas follas e
parte do noso tempo?
En primeiro lugar, a filosofia da vida dos epicúreos,
tildada habitualmente de extravagante, relegada a mínimos
recunchos nos libros de história, considerada unha mera
curiosidade do mundo antigo, sempre exerceu unha forte fascinación nos sucesivos movementos que buscan a valoración da
liberdade individual fronte ao poder(xa sexa estatal, feudal,
relixioso ou militar); asi, Epicuro e a sua escola son estudados e
(moitas veces secretamente) admirados no Renacemento, no século da Ilustración, na filosofia do século XIX e, finalmente, a
finais do século XX, sempre coincidindo con momentos de ruptura co pasado e de valoración da liberdade.
Epicuro, o libertador
3
En segundo lugar, para o movementolibertário, determinadas correntes do pensamento grego (as dos epicúreos, estoicos
e cínicos) representan en certo modo antecedentes das ideas anarquistas pola sua valoración da liberdade individual e a sua desconfianza (e, ás veces, rexeitamento absoluto) de calquer forma de poder. Estes dous factores quizais expliquen o por que da edición deste
folleto. Este servirá non só para satisfacer a posíbelcuriosidade (histórica, filosófica, ética) de quen lea estas páxinas, se non tamén para
clarificar as semellanzas e diferéncias das doctrinas de Epicuro coas
ideas libertárias modernas. Esperamos que os epicúreos poidan ser
asi valorados na sua xusta medida, tanto no seu asombroso
atrevemento en moitas ideas, como nas suas cobardias e
ambigüidades.
Os textos que seguen foron tomados do libroEtica de
Epicuro. La génesis de una moral utilitaria, de Carlos García Gual
e Eduardo Acosta Méndez, publicado por Barral Editores na sua Biblioteca de rescate textual, nº 1 (Barcelona 1974). Deste libro
reeditamos o primeiro estudo, de Carlos Garcia Gual, e a traducción
castellana da Máximas Capitales e do Gnomologio Vaticano. Na
edición orixinal aparecia tamén un longo estudo de EduardoAcosta
titulado La moral de Epicuro: temas básicos y sus conexiones, asi
como todos os demais textos conservados de Epicuro. Tamén se
incluia a versión orixinal grega de todos os textos. Lamentamos non
poder oferecer, por motivos técnicos, esta versión grega das Máximas e do Gnomologio, como seria o noso desexo.
Se nos decidimos a “fusilar” estes textos é porque o libro no que aparecian está...
Regístrate para leer el documento completo.