Escolastica e aparicion das universidades
Coa restauración no século IX prodúcese un renacemento cultural. Crearonse por toda Europa escolas monacais, catedralícias e palatinas onde se ensinabanas 7 artes: trivium e quadrivium. A filosofía cristiá nacida destas escolas recibe o nome de Escolástica.
Esta, conta con tres etapas: A Escolástica Primitiva (s XI-XII), que pretendía demostrar aexistencia de Deus a priori e da que destaca a figura de Anselmo de Canterbury; a Gran Escolástica (s. XIII) durante a cal creanse universidades e se recupera o pensamento de Aristóteles (destaca afigura de Tomé de Aquino que recopila a obra do filósofo grego); e a Crise da Escolástica (s. XIV), durante a cal se cuestionan as bases da Escolástica e separan a filosofía da teoloxía (navalla deOckham).
O século XIII e unha etapa de expansión demográfica e económica. Desaparece a sociedade feudal e se substitúe pola sociedade urbana que habita nas cidades. A igrexa ten que adaptarse anova mentalidade urbana, e asi nacen as ordes mendicantes: franciscanos e dominicos, que fundan conventos nas cidades.
Crease un novo centro cultural nas cidades que sbstitúe as anteriores escolasmonacais, palatinas e catedralicias: as universidades (nadas nos comezos do s. XIII).
Coas universidades xorde a dialéctica como método de análise racional.
Outro factor de carácter histórico ecultural para a constitución da escolástica é a recepción da filosofía aristotélica (en Francia a súa lectura será prohibida ata o século XIII).
No século VII ca predicación de Mahoma o Islam expándese e,nos séculos XI e XII ten lugar o esplendor da filosofía árabe e en maior medida do filósofo Averroes. Este terá unha gran influencia na filosofía escolñastica cristiá sobretodo en cuestións como:interpretación de textos aristotélicos, distinción entre esencia e existencia, necesidade do mundo (Deus crea por necesidades) etc.
Xa que algunhas das teses aristotélicas eran contradictorias, os...
Regístrate para leer el documento completo.