Escribir e ler

Páginas: 12 (2868 palabras) Publicado: 1 de junio de 2014
A ESCRITURA NAS AULAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA
CURSO DE FORMACIÓN. CFR PONTEVEDRA. 2011
Documentación complementaria

Education is a process of living and not a preparation for future living.
Dewey, J.
Presentamos nesta actividade unha proposta didáctica para encarar os procesos de ensino e
aprendizaxe da lingua escrita nas aulas de educación primaria. Evidentemente son moitas as
diferenciasentre os procesos que se levan a cabo nas aulas do primeiro, do segundo e do
terceiro ciclo desta etapa, mais cremos que os fundamentos metodolóxicos poden – mesmo
deberían - ser os mesmos. Trátase dun xeito de entender o proceso mediante o cal os
alumnos e alumnas aprenden a ler e escribir. Un proceso que non difire, no esencial, de
calquera outra aprendizaxe. Un proceso que, como calqueraoutro, sucede na experiencia,
na práctica e na posterior reflexión sobre a mesma.
Esta mirada é a que tentamos de presentarvos durante a actividade formativa que vimos de
rematar. E estas liñas queremos que sirvan de recordatorio dalgúns dos aspectos máis
relevantes tratados ao longo das sesións de traballo.
Como sabes, esta proposta é unha máis das posibles formas de encarar o noso traballo.É a
mellor que coñecemos. A continuación propoñémosche un porqué e algún como.
Gustaríanos que o puxeses en práctica (aínda que non sexa máis que algunha vez) e que nos
comentases que tal resultou.
En fin, comencemos con algunhas afirmacións iniciais (que trataremos de demostrar):
* Esta proposta de traballo é válida (está amplamente refrendada polas ciencias da
educación; tamén pola prácticade moitos/as mestres/as)
* Esta proposta de traballo é completa (podes desenvolver a túa programación a
través de proxectos de escrita)
* Esta proposta de traballo é posible (hai moitos compañeiros/as que traballan así e
non queren cambiar)
PROXECTOS DE ESCRITA
Trátase, efectivamente, de vehicular a aprendizaxe da expresión escrita a través do que
denominamos “proxectos de escrita”. En queconsisten estes proxectos? Na primeira ficha
enumeramos os aspectos máis relevantes a ter en conta.
Son proxectos e, como tales, son actividades que parten de fóra dos contidos do currículum,
fóra dos temas dos libros. Parten de asuntos que interesan ao alumnado, de dúbidas que

1

xurden, de temas de actualidade, etc. e inclúen unha serie de actividades nas que
introducimos osobxectivos e contidos das áreas que nos interesan.
Un proxecto de escrita é unha secuencia de actividades que levan aos alumnos e alumnas a
escribir: a coñecer, valorar, comprender, familiarizarse e producir textos; diversos
tipos de texto; diferentes e de diversa dificultade.

TEXTOS (XÉNEROS TEXTUAIS OU DISCURSIVOS)
Este foi un concepto clave para o noso curso de formación. Efectivamente, oconcepto de
texto, de xénero textual, tan repetido durante as sesións é fundamental para organizar esta
proposta didáctica.
Que é un texto?
Poderiamos definir un texto como unha unidade de comunicación. Unha palabra pode
significar algo; un enunciado, unha oración poden ter sentido, pero a unidade mínima que
serve para comunicarse é o que chamaremos texto.
Así, para definir un texto non importanas súas dimensións. Un texto pode estar formado
por unha palabra (hola!), dúas (non quero!), ou mesmo varias ou moitas (unha carta, unha
nova dun xornal, un post dun blog). Tamén pode ser moito máis longo (un conto, unha
novela, o guión dunha película, etc).
Quizais o aspecto máis importante para definir un texto, ou un determinado xénero textual
é a súa relevancia social, o contexto no que seusa. Os xéneros textuais son os textos que
utilizamos, os textos que un determinado grupo social coñece e utiliza decote. Son as
unidades de comunicación. Desde este punto de vista, a competencia lingüística dunha
persoa é a súa capacidade para comprender e producir os múltiples e variados
xéneros textuais relevantes no seu contexto social.

A COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Ler y escribir
  • Lero Lero
  • lero lero lero
  • Lero lero
  • lero lero
  • Lero Lero
  • lero lero
  • Lero lero

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS