Estudiante
A transmisión de valores, normas, coñecementos e habilencias imponse a todas as sociedades humanas como unha necesidade ineludible, non xa só para a mellora das condicións vitais dos seus membros, senón para a propia continuidade da sociedade.
Nas sociedades de división simple do traballo, onde se dan unhas limitadasfuncións e interdependencias entre os seus membros, os sistemas de transmisión cultural están orientados principalmente á adquisición dunhas competencias culturais comúns a todos os seus membros. Operan segundo as normas de socialización por grupos de idade (as persoas saen dun grupo a través dun proceso regulado de rituais de transmisión que sirven de ritos de iniciación para un novo status baseado naidade: o estatus de adulto).
Nestas sociedades dase unha incipiente estrutura formalizada, que afecta a moi escasos membros da colectividade para a transmisión destes saberes e representacións.
Nas sociedades complexas a superposición entre a transmisión cultural, os coñecementos acumulados e o ciclo vital das persoas dá lugar a unha diversificación enorme. Caracterizadas por múltiplesinterdependencias, funcións ocupadas por diferentes persoas e por unha progresiva acumulación de coñecementos instrumentais, por unha división complexa do traballo e con diferencias de especialización entre as persoas, as sociedades complexas desenvolven ferramentas de transmisión cultural orientadas a producir relacións de diferencia e de xerarquía entre as persoas e as diversidades de especializaciónentre as mesmas.
3.1. O PROCESO DE SOCIALIZACIÓN.
A relación entre o ser humano e a sociedade prodúcese a través dun contínuo e complexo proceso de interdependencias entre o individuo e a sociedade, formada por tres momentos principais que son: a externalización, obxectivación e a internalización.
• A externalización fai referencia ao carácter construtivo do humano, pois se algodiferencia aos seres humanos de outras especies é a capacidade e a necesidade constante de exteriorizar a propia subxectividade. Isto faise desde a praxe, desde o traballo, producindo os medios tecnolóxicos e bens materiais e producindo os elementosw simbólicos e as institucións nas que habitamos. É a través desta exteriorización como se produce, reproduce e transforma o medio social e natural.• A obxectivación fai referencia ao carácter de “facticidade” que adquire esta realidade social. Sendo unha construción humana, convírtese nun sistema de interrelaciones, que mesmo se pon por riba dos propios individuos, e remata por ter unha expresión práctica como se dun elemento “material” se tratara.
• A reprodución social dos valores, normas e os coñecementos necesarios para a produciónde bens materiais con que vive o home, require da internalización destes elementos por parte das novas xeracións, que é o que se denominan procesos de socialización.
A socialización é a serie de procesos polos cales os individuos aprehenden e adquiren os elementos principais da súa cultura, os integran na súa propia personalidade e van construindo unha identidade cultural específica, a travésda interacción con outros membros da propia sociedade.
No proceso de socialización ten especial importancia a primeira etapa do ciclo vital, no que se interiorizan elementos base para posteriores redefinicións como a linguaxe, o desenvolvemento psicomotriz, ou a primeira concepción do mundo. Cont todo, esta primeira configuración e definición de un propio é unha tarefa que dura toda a vida.
Odesenvolvemento social do individuo depende da formación temperá de vencellos estábeis con outras persoas, a tal punto que a súa ausencia podería trasducirse en desordes psicolóxicas.
Para que o proceso de socialización se materialice é preciso que se produza a interacción humana, a internalización das pautas socioculturais e a identificación cos demais.
Pódese sinalar tres procesos...
Regístrate para leer el documento completo.