ewrehh

Páginas: 8 (1968 palabras) Publicado: 19 de enero de 2015

Regulación automática:
Estuda o comportamento dun sistema fronte a ordes de mando ou perturbacións.
O control automático representa un papel fundamental nos procesos industriais, a súa descrición matemática co emprego de funcións de transferencia, permite saber o comportamento e a estabilidade nos sistemas industriais.O tratamento clásico de control require a utilización da transformada de Laplace nas sinais de entrada-saída.

Compoñentes dun sistema de control:
1.- Sistema de entrada: Formado por un transdutor que ten como misión converter o sinal de entrada nunha sinal axeitada ó sistema.
2.- Comparador:Compara o sinal de entrada co sinal de saída grazas a realimentación.

3.- Controlador: Sistema que examina as evolucións do proceso.

4.- Actuador: Conxunto de mecanismos que xeran a saída: motores, cilindros, engrenaxes..

5.- Proceso: É o programa que queremos executar, que é xestionado polo sistema operativo.

6.- Realimentación: Utilizaun transdutor para tomar o sinal de saída e introducilo no comparador.



Sistemas de control:
Conxunto de compoñentes físicos conectados e relacionados entre si de maneira que dirixan a súa actuación por se mesmos, sen intervención de axentes exteriores, corrixindo os erros que acontezan.
Os dous sistemas básicos son:
Sistema de control en lazo aberto.
Sistema decontrol en lazo pechado.



Sistemas de control en lazo aberto:
Caracterízase porque a saída do sistema non ten influenza sobre o sistema de control. Se hai perturbacións alleas ó sistema, as diferenzas entre o valor controlado e o valor desexado poden ser amplas. Normalmente a variábel que controla é o tempo.
Exemplo decontrol en lazo aberto son os lavalouzas, lavadoras, regos por aspersión, torradores …

Fig: Control en lazo aberto
Un sistema en lazo aberto pode ser o alumeado público que nos indica a hora de acendido e apagado das lámpadas sen ter en conta o nivel de luz na rúa, tendo que axustar o sistema de control enfunción dos trocos horarios e estacións

entrada saída



Sistemas de control en lazo pechado:
Caracterízase porque o sinal de saída ten efecto directo sobre osistema de control.
Os sistemas de lazo pechado son realimentados, utilizándose para modificar o sinal de entrada en función do sinal de saída.
A diferenza entre o valor da variábel que desexamos controlar é a que obtemos chámase erro, dependendo a exactitude do sistema da súa calibrazón.
Os sistemas en lazo pechado son pouco sensíbeis as perturbacións externas ou internas,grazas a realimentación que compara os sinais de entrada-saída.
Non é necesario que os compoñentes ou elementos en lazo pechado sexan tan precisos como a configuración en lazo aberto, polo que resultan mais baratos.
Exemplos de sistema de control en lazo pechado son as calefaccións, fornos, sistemas de enchido de moegas …..Fig: Control en lazo pechado
Un exemplo de sistema en lazo pechado pode ser o alumeado público, que se acende pola noite e se apaga o amecer, utilizando para elo fotocélulas.
entrada saída...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS