EXERCICIO AUTOEVALIABLE
UNHA RÚA NUN PORTO LONXANO do norte. As tabernas
están acuguladas de mariñeiros e botan polas súas portas o bafo
quente dos borrachos. Xentes de todasas castes do mundo,
cantigas a gorxa rachada, música de pianolas chocas, moito
fedor a sebo...
Un mariñeiro que fala francés tropeza cun mariñeiro que fala
inglés. Os dous fanse promesas degran amistade, cada un no
seu falar. E sen entenderse camiñan xuntos, collidos do brazo,
servíndose mutuamente de puntales.
O mariñeiro que fala francés e máis o mariñeiro que fala inglésentran nunha taberna servida por un home gordo. Queren perder
o sentido xuntos, para seren máis amigos. ¡Quén sabe se despóis de ben borrachos poderán
entenderse!
E cando o mariñeiro que fala inglésxa non rexe co seu corpo comezan a cantar:
Lanchiña que vas en vela;
levas panos e refaixos
para a miña Manoela.
O mariñeiro que fala francés, arregala os ollos, abrázase ao compañeiro, ecomenza tamén a
cantar:
Lanchiña que vas en vela;
levas panos e refaixos
para a miña Manoela.
¡¡A-iu-jú-jú!! Os dous mariñeiros eran galegos. O taberneiro, gordo coma un flamengo de caste,veu saír aos dous mariñeiros da taberna e pola súa faciana bermella escorregaron as bágoas. E
dispóis dixo para sí nun laído saudoso:
¡Lanchiña que vas en vela!
Tamén o taberneiro era galego.Alfonso Daniel Rodríguez Castelao . 1Cousas
1. En cantas partes podemos estruturar o texto? Indícaas e explícaas.
No tocante ao texto, este pode estruturarse en tres partes:
• A primeiraparte constitúena os dous primeiros parágrafos, que a xeito de preámbulo
contextualiza o expazo (1º parágrafo) e presenta os protagonistas (2º parágrafo),
ambos os dous presentan o espazo “unha rúanun porto lonxano do norte” e os
protagonistas “mariñeiros” dun xeito esquemático.
• A segunda parte abrangue desde o terceiro parágrafo ata o aturuxo e o “os dous
mariñeiros eran galegos”, e...
Regístrate para leer el documento completo.