Factores psicolóxicos na interpretación

Páginas: 23 (5643 palabras) Publicado: 11 de noviembre de 2014

FACTORES PSICOLÓXICOS QUE INTERVEÑEN NA INTERPRETACIÓN



Fátima Blanco Loimil
Andrea Moreira García
Iván Estévez Regueiro
Clara Álvarez Gil





Facultade de Filoloxía e Tradución
Universidade de Vigo
Curso académico 2013/2014

ÍNDICE


1. Introdución ...................................................................................1
2. Autoestima………………………………………………………….2
3. Intelixencia emocional ……………………………………………4
4. Estrés …………………………………………………………………10
5. Ansiedade ……………………………………………………………14
6. Conclusión ......................................................................................20
7. Bibliografía .....................................................................................22

1. Introdución

O propósito deste traballo é indagar de que xeito poden afectar os distintos factorespsicolóxicos a un traballo tan complexo coma o do intérprete, no cal o suxeito debe expoñerse a situación delicadas e tratar temas complicados, na maioría dos casos, sen preparación previa. Así mesmo, tamén achegaremos información sobre as consecuencias directas que pode ter cada factor e propoñeremos unha serie de recomendacións existentes para superar as consecuencias negativas que podan ter.Dende o nacemento da profesión, as competencias do intérprete, como ben afirma un dos primeiros intérpretes das Nacións Unidas, Jean Herbert, van moito máis alá de verter a información dunha lingua de partida a unha de chegada. Todo intérprete debe posuír ademais receptividade pasiva,  axilidade mental e unha boa memoria que permita almacenar, reter e crear unha imaxe detallada do que se escoitadurante un tempo para logo elaborar un discurso completo e correctamente estruturado noutro idioma. É tamén requisito indispensable que o intérprete coñeza con detalle o contexto social, cultural e relixioso ao cal pertence o orador.

O intérprete ten unha probabilidade moi alta de atoparse con situacións que superan as súas capacidades. Ao longo da profesión, poden aparecer un gran número dedificultades que derivan principalmente das características do traballo en si, da falta de recoñecemento profesional e persoal (pois a miúdo son vistos como máquinas que traducen automaticamente), de problemas persoais que poden afectar ao desenvolvemento do seu traballo e por suposto, da falta de apoio psicolóxico regular e profesional.

Na maioría dos casos, pouco ou nada se fai dende as empresaspor ofertar ao intérprete axuda psicolóxica, o que pode ter consecuencias desastrosas para o seu traballo, pois en moitas ocasións, como xa mencionamos. verase obrigado a traballar en contextos que poden ter un gran impacto emocional.

As consecuencias anteriormente mencionadas, poden ser fundamentalmente de tres tipos: profesional, laboral e extralaboral. No ámbito profesional, soen aparecer oestrés e a ansiedade, problemas de memoria, fatiga, desmotivación, sensación de frustración, esgotamento físico e tamén mental, etc. No ámbito laboral moitas veces prodúcese un deterioro na calidade do traballo, unha menor implicación neste, aumento do absentismo laboral e conflitos interpersoais cos demais compañeiros de traballo. Por último, no ámbito extralaboral, é moi frecuente que se produzaun deterioro nas relacións familiares e/ou de parella ou unha tendencia ao illamento.
2. Autoestima
A autoestima é a opinión emocional que os individuos temos de nós mesmos e que supera nas súas causas á racionalización e á lóxica. Luis Rojas Marcos defínea como o sentimento de aprecio ou rexeitamento que acompaña á valoración global que facemos de nós mesmos. Esta autovaloración está baseadana nosa percepción de cualidades concretas, como a habilidade para relacionarnos cos demais, a aparencia física, os rasgos do noso carácter, os logros que acadamos ou as cousas materiais que posuímos.
Segundo como se atope a nosa autoestima, esta será responsable de moitos éxitos e fracasos.

Existen dous niveis de autoestima:
Autoestima baixa: é...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • interpretacion de los factores de productividad
  • Na na na na
  • Na Na Na
  • Na Na Na
  • Na na na
  • Na na na
  • nose na
  • Na de na

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS