Falamos De Iguladades
Para falar de igualdade entre mulleres e homes hai que partir necesariamente da denominada división sexual do traballo, concepto que alude ao mal chamado pacto social porqueque sepamos ninguén o pactou . Pacto que adxudica ás mulleres as tarefas de atención e coidado da persoas mentres entrega aos homes o dominio e control do denominado ámbito público.
O sistema dexénero derivado desta división sexual do traballo aínda hoxe outorga aos homes o papel de sustentadores da familia e ás mulleres o papel de coidadoras
É certo que nos últimos anos, trinta en Españae algúns máis noutros países, estes roles fóronse modificando. De feito as mulleres deron o salto ao ámbito do público e incorporáronse de forma masiva ao emprego e en menor medida á política ou osnegocios, pero os homes, aínda que cada día ocúpanse máis dos seus fillos e fillas, non fixeron o camiño inverso polo que as mulleres , aínda que contribuan en boa medida ao sustento da familia,seguen asumindo case na súa totalidade as tarefas domesticas e de coidado.
Para analizar os efectos dos recortes impostos polos dous últimos gobernos (iniciados polo do PSOE e incrementadosexponencialmente polo actual, do PP) é imprescindible ter en conta esta circunstancia.
Resulta evidente que os mencionados recortes afectan ás mulleres, como aos homes, de forma directa. Sofren a redución dosseus dereitos laborais, a diminución dos seus salarios ou a masificación e deterioración de diferentes servizos públicos da mesma xeito. Algúns lles afectan de forma especial como a redución nascampañas prevención da violencia machista, o peche de centros de acollida ou a ameaza de modificación da lei do aborto. Pero ademais moitos dos recortes esconden uns efectos indirectos sensiblemente maiorespara as mulleres. Basta ter en conta que iso de conciliar vida laboral e familiar séguese tratando como un asunto que afecta exclusivamente ás mulleres e se ademáis consideramos, como afirma...
Regístrate para leer el documento completo.