Fernando VII en galego
OPCIÓN 1.
A Constitución de 1812, coñecida como “A Pepa”, por ser aprobada o 9 de marzo de 1812, día de San Xosé, é a primeira Constitución propiamenteespañola. Aprobouse no marco da Guerra da Independencia (1808-1814), como resposta ás intencións invasoras de Napoleón Bonaparte que, aproveitando os problemas dinásticos entre Carlos IV e Fernando VII,aspiraba a constituír en España unha monarquía satélite do Imperio, como xa o fixera con Holanda, Alemaña e Italia,destronando aos Borbóns e coronando ao seu irmán Xosé Bonaparte.
En 1914 oregreso do rei Fernando VII planteou un problema : integrar ao monarca no novo modelo político definido pola Constitución de 1812. Os liberais desconfiaban da predisposición do monarca para aceptar a novaorde, por iso dispuxeron que viaxara directamente a Madrid para xurar a constitución. Pero os absolutistas organizáronse rapidamente para demandar a restauración do absolutismo (Manifesto dos Persas).Fernando VII, mediante o Real Decreto do 4 de maio de 1814, anunciou a volta ao absolutismo, anulando a Constitución e as leis de Cádiz “...Declarar aquela Constitución e tales decretos nulos e deningún valor nin efecto...”. A partir de aí Fernando VII e o seu Goberno intentaron refacer un país destrozado pola guerra, pero os seus gobernos fracasaron un tras outro. A Facenda real entrou enbancarrota, e e gran parte da burguesía urbana reclamaba a volta ao réxime constitucional, e fixérono saber con pronunciamentos liberais populares.
O 1 de xaneiro de 1820, o coronel Rafael del Riegosublevouse e recorreu Andalucía proclamando a Constitución de 1812. A pasividade do exército, a acción dos liberais nas principais cidades e a neutralidade dos campesiños obrigaron ao rei a aceptar aConstitución “...Fixéstesme comprender a vosa arlea de que restablecese aquela Constitución (...)ó propio tempo que con asombro do mundo combatiades pola liberdade da patria”. Entón, levouse a cabo unha...
Regístrate para leer el documento completo.