ferrol no sexenio democratico
O movemento cantonalista, que tivo orixe nas discrepancias que sacudiron aos federalistas durante a I República, consumando o fracaso doproxecto federal, tivo un primeiro paso na insurrección republicana de Ferrol en 1872,a cal é indicio da forte politización das sedes dos tres departamentos navais durante o Sexenio Democrático,tras a caída da monarquía de Isabel II.
As causas desta insurrección en Ferrol están no descontento dos traballadores do Arsenal, onde comezou a sublevación o día 11 de outubro. O día 12 o apoio querecibía o movemento era moito maior, pero ao día seguinte tropas da Coruña chegan a Ferrol para rematar coa rebelión e opoñer unha forte represión contra os sublevados.
Durante a sublevación,actuando á marxe da oficialidade de Mariña, un puñado de suboficiais da Armada poñíanse á fronte de 200 infantes de mariña, 1500 mariñeiros e 200 traballadores da mestranza e acantoábanse durante unhasemana nos Arsenais, nunhas instalacións repletas de armas e deseñadas para ser inexpugnables por mar e terra. O obxectivo non era a vitoria militar, senón desencadear un efecto dominó en todo opaís, que non chegou a producirse. Ante a chegada de tropas gobernamentais os sublevados repregáronse tras o muro do Arsenal, e tras unha breve escaramuza fuxiron.
Tras o fracaso da insurrección, asautoridades de Mariña procederon a desarmar de xeito parcial os Arsenais, cegando o foso que os rodeaba e trasladando parte das tropas e armamento a novos cuarteis que se construirían fóra dasmurallas da cidade.
A falida insurrección republicana dos Arsenais de Ferrol antecedeu en poucos meses á proclamación da efémera I República española. O levantamento do cantón de Cartaxena en 1874,de raíz obreira e programa federal, será o motivo que esgrimirán altos mandos militares para sublevarse contra a I República e promover a restauración da monarquía.
Páxina de interese :...
Regístrate para leer el documento completo.