filisosfia

Páginas: 22 (5255 palabras) Publicado: 1 de diciembre de 2014
TEMA 6. DIMENSIÓN NATURAL DO SER HUMANO.
A.- A VIDA.
O noso planeta non existiu sempre no universo, nin tampouco a vida existiu sempre
no noso planeta. Calcúlase que foi hai aproximadamente 4.500 millóns de anos cando se
formou a Terra por condensación de po cósmico e gases interestelares. Os organismos vivos
apareceron 1.500 millóns de anos despois.
Por vida enténdese un conxunto depropiedades o funcións características dos seres
vivos como a de se manter con vida (autoconservción), a de propaga-la vida
(autorreproducción) e a de actuar e se conducir por un mesmo (autorregulación).
A.1.- A ORIXE DA VIDA.
Ata o século XIX sostíñase que a vida era o resultado dun acto de creación divina,
ocorrido hai aproximadamente 6.000 ou 5.000 anos antes de Cristo. Dita teoría, coñecida conome de “creacionismo” inspirábase na Biblia e nas ideas cosmogónicas que desta se
desprendían.
Na actualidade, a Bioloxía sosten a hipótese naturalista, afimando que a vida
formouse espontáneamente e de unha soa vez nun momento determinado da historia da Terra
a partiren de materia inorgánica.
Este proceso natural de transformación da materia inorgánica en materia orgánica
explicouno en1938 o bioquímico A. I. Oparin. Hai 3.000 millóns de anos a atmosfera da Terrra
estaba composta de amoníaco, metano, hidróxeno e vapor de auga. Nesta atmosfera primitiva,
favorecidas pola enerxía do ambiente (radiacción do sol, raios, calor procedente de zoas
volcánicas, etc.), haberíanse producido reaccións químicas cun resultado que foi a formación
de compostos orgánicos elementais (ácidocianhídirico, etc.). Estes haberíanse diluido nas
augas primitivas formando o caldo prebiótico. Sería neste caldo onde xurdiría a primeira célula
viva.
A hipótese de Oparin foi rexeitada ata que, no ano 1953, Stanley Miller a demostrara
experimentalmente.
Pero esta non se considera oxe a única explicación posible a carón da orixe da vida.
Segundo a hipótese cosmozoica, a vida poido procederdoutros lugares do cosmos. Isto
dedúcese da existencia de compostos orgánicos elementais nos meteroritos.
A.2.- A EVOLUCIÓN DA VIDA.
Sexa como fose, dende que apareceu a primeira célula, a vida iniciou un lento proceso
de evolución que culminou ca aparición do home, hai aproximadamente 150.000 anos.
Ningún científico dubida hoxe de que a evolución sexa un feito. Existen probas
científicassuficintes que o confirman:

1

1º.- As probas anatómicas establecen as coincidencias morfolóxicas (circulación da savia nas
plantas, o corazón coma motor da circulación sanguínea, pulmóns, número de ósos, etc.) entre
tódolos seres vivos, como si estivesen deseñados a partir dun único patrón. Hai, ademaís, no
home órganos vestixiais, é dicir, órganos que nun pasado evolutivo desempeñaron unhafunción, ainda que hoxe estean atrofiados (Exem.: os músculos das orellas).
2º.- As probas bioquímicas poñen de manifesto as similitudes sanguíneas entre os individuos
pertendentes a especies distintas.
3ª.- As probas embriolóxicas mostrannos as semellanzas entre embrións e fetos de distintas
especies animais. Esta semellaza levou a E. Haeckel (1834 – 1919) a formula-la “ley
bioxenéticafundamental”, segundo a cal os embrións e os fetos desenrolan tódolos órganos
que posueron os seus antepasados, ainda que despois os perderan; ou, dito doutro xeito, que
a ONTOXENIA (desenrolo do individuo) é un resume da FILOXENIA (desenrolo da especie).
Isto significa que no desenrolo dun ser vivo individual, dende a primeira célula ata o estado
adulto, estaría inscrita tódala historia da especie.4º.- As probas paleontolóxicas infórmannos de que, a medida que ascendemos nos estratos
xeolóxicos, os restos fosis son maís complexos.
5ª.- As probas xeográficas evidencian, por último, o acoplamento do ser vivo ó medio no que
vive.

B.- TEORÍAS DA EVOLUCIÓN.

A idea da evolución biolóxica non é nova na historia do pensamento, tivo algúns
precedentes nos filósofos presocráticos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • filisosfia unidad 3

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS