Filosofía kant 2º bachillerato galicia

Páginas: 20 (4764 palabras) Publicado: 27 de febrero de 2012
ITEM I

Este texto foi extraído dun dos libros do filósofo Kant. Kant viviu nunha cidade do que antes era Prusia Oriental durante o século XVIII, coincidindo co movemento ilustrado. Durante este século, Prusia estivo gobernada por catro reis. Federico Guillermo I converteu a Prusia nun estado militarista e burocrático. Sen embargo, foi o seu sucesor, Federico II, o que, trala guerra dos seteanos (guerra de Prusia contra Austria polo control de Silesia), convértese no modelo de “despotismo ilustrado” (todo para o pobo, pero sen el), e realiza unha reforma xurídica do Estado. Cabe mencionar tamén a influencia da Revolución francesa iniciada polos burgueses, que suporá un retorno á censura en Prusia, imposto por Federico Guillermo II, motivo polo cal Kant terá un enfrontamento co podercivil (a propósito do seu libro “Relixión dentro dos límites da razón”).

Kant naceu nunha familia pietista. O pietismo era un movemento relixioso que valoraba, sobre todo, a actitude e o sentimento relixioso, sen someterse a ningunha organización eclesiástica ou manter os dogmas. Hai que engadir tamén a influencia da Ilustración, con ideas como a liberdade, xa que Kant usará a razón como unmétodo para fundamentar os conceptos e a forma de aplicalos. Sosterá que a razón ten que examinarse a sí mesma para encontrar a súa propia validez. Por estes motivos, a obra de Kant divídese en dous grandes períodos: o precrítico, no que mostra o interese pola ciencia e polos problemas da filosofías, e o crítico, no que elaborará a súa propia filosofía (a filosofía trascendental).

Cabemencionar tamén os distintos problemas que sucedían en Europa: os distintos conflitos internos e a Revolución francesa xeraba un clima de inseguridade. Nos estados alemáns empezaba a xurdir entre os eruditos e os máis sabios unha idea de Alemaña como “nación”, empregando especialmente o idioma alemán, pero que foi impedido pola revolución francesa e, especialmente, pola Paz de Basilea, que afectousignificativamente a Prusia.

No ámbito cultural, temos que destacar a importancia da revolución científica, con figuras como Newton ou Galileo, e o pensamento racionalista e empirista, dos que Kant tratará de facer unha síntese.

a) Factores políticos, sociais e culturais que no século XVIII conducen á Ilustración.

Da Ilustración mencionada anteriormente temos que destacar os distintosfactores que influíron a este novo pensamento. Entre os factores políticos, deberíamos destacar o espertar de Rusia e o ascenso de Prusia, xunto coa decadencia de España e a importancia das colonias nas Américas. Vólvese importante a diplomacia, que empregaba o idioma francés.

Sen embargo, foron decisivos os cambios sociais, cunha burguesía en aumento, que marcaran o carácter da culturailustrada, e que fará que cobre importancia a idea de “reparto do poder” (a separación de poderes) e o parlamentarismo. Os cambios culturais veñen ligados coa transformación social. Prodúcese un crecente interese pola ciencia, que xera un ambiente de curiosidade intelectual, esencial para o desenvolvemento e éxito da Ilustración. A actividade cultural desenvolvese en torno ao Canal da Mancha e,posteriormente, será París o lugar do que partir as ideas da Ilustración.

No tocante á relixión, o proceso de urbanización e a perdida de poder dos eclesiásticos, xunto co descubrimento de novas formas de relixión no revelada, provoca o convencemento de que a relixión cristián adoptara maneiras que non eran esenciais (o pietanismo mencionado antes, por exemplo), e o que se buscaba era unha “relixiónnatural”.

b) As novas ideas: progreso, educación ou iluminación, humanidade, civilización, natureza.

A Ilustración mencionada antes fai necesaria unha construción de novos valores. “Progreso”, “humanidade” ou “civilización” convértense nos grandes ideais aos que apelará a mentalidade ilustrada.

A idea de “progreso” ten os seus orixes no desenvolvemento da conciencia histórica. O...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Pregunta 4 Huma-Kant Filosofia 2º Bachillerato
  • Kant resumen de 2º de bachillerato
  • Russell, filosofía, 2º bachillerato
  • Filosofía preguntas de examen de 2º bachillerato
  • Historia de la filosofía, santo tomás de aquino 2º bachillerato
  • Filosofía 2º Bachillerato
  • Filosofía de platón 2º bachillerato
  • Examen de Filosofía 2º de bachillerato

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS