filosofia
A formación da polis grega
Precedentes da polis. Época escura (séculos XII-IX)
Na chamada época escura xorden os primeiros asentamentos en torno a núcleos fortificados
con fin defensivo que, andando o tempo, converteranse no precedente directo das cidadesestado (polis).
Significado da palabra “polis”
Durante a época arcaica (séculos –VIII a –VI) a Hélade erafundamentalmente un mosaico de
pequenas comunidades políticas illadas fisicamente unas doutras polo mar e as montañas. O
típico era que unha comunidade ocupase un val. Estas comunidades políticas eran
completamente independentes unhas doutras. Chamábanse poleis (plural de polis). A palabra
“polis” soe traducirse por “cidade”. Quizais fose mellor traducila por “comarca” ou “cantón”,
pois normalmente unhapolis abarcaba máis que unha cidade, incluía unha maior ou menor
extensión de campos e montes. De feito, a maioría da poboación da maioría das poleis vivía no
campo e adicábase á agricultura. A clase dominante nas poleis estaba constituída polos
terratenentes hereditarios.
As causas da formación da polis
Wilhelm Nestle sitúa entre a metade do século –VII e a metade do –VI o comezo da formaciónda
polis grega tal e como chegaría á época clásica. Durante este tempo vivíronse grandes
transformacións. Cara fora, os “helenos” expándense, a consecuencia dun gran aumento da
poboación e tamén de convulsións políticas internas, por numerosas colonias fundadas na costa
do mar Negro, Exipto e norte de África, especialmente Sicilia e o sur de Italia, e ata a costa
meridional de Francia(Marsella) e a do nordeste español (Ampurias). No interior dos pobos
gregos produciuse, no medio de terribles loitas, a caída da monarquía e da aristocracia,
proceso que levou a formación da polis. En boa medida, a formación da polis debeuse ao acceso
da “burguesía” ao poder, un acceso que se viu impulsado pola progresiva transformación da
economía natural de troco nunha economía baseada nos cartos,da propiedade territorial en
capital móbil, e polo intenso desenvolvemento do comercio marítimo cos demais pobos das
costas mediterráneas.
As poleis eran moi distintas unas das outras, tanto pola súa extensión como pola súa poboación
e a súa estrutura política e social. Unhas –como Esparta- eran bastante grandes, do tamaño
dunha provincia galega. Outras eran minúsculas e se repartían unhapequena illa entre varias.
Atenas chegaría a ter 250.000 habitantes, mentres que outras poleis non acadaron nunca os
5.000. Pero todas, grandes e pequenas, eran completamente soberanas. Os gregos dunha polis
sentíanse solidarios, dependían totalmente dela e non tiñan outra instancia superior á que
acudir. Os estranxeiros non tiñan dereitos nin autoridade. E os cidadáns dunha polis non
vacilabanen facer ou escravizar se podían aos da polis veciña
Unha cultura común
A pesar das diferencias mencionadas entre as numerosas polis que conformaban a Hélade
(unhas 1.500 comunidades esparexidas por todo o Mediterráneo e o mar Negro), todas elas
1
Tema 1: Platón
compartían unha mesma cultura, falaban dialectos dunha mesma lingua, escoitaban con gusto
os mesmos poemas homéricos e honrabanaos mesmos deuses olímpicos. As súas principais
institucións comúns eran os xogos olímpicos, celebrados cada catro anos en honor a Zeus e nos
que participaban atletas, poetas, charlatáns e curiosos de toda a Hélade, e o oráculo do deus
Apolo en Delfos, cuxo consello era buscado por todos os gregos antes de emprender calquera
empresa importante.
A importancia da lei no contexto socio-políticoda polis
Como xa se dixo máis arriba, durante a época arcaica a maioría das poleis gregas estaban
gobernadas pola aristocracia terratenente. Estes terratenentes consideraban natural que fosen
eles os únicos que podían intervir no goberno da polis, pois eles eran os máis capaces e
virtuosos. Estas calidades transmitíanse na súa linaxe. O seu goberno era unha aristocracia
(literalmente,...
Regístrate para leer el documento completo.