FILOSOFIA

Páginas: 18 (4355 palabras) Publicado: 28 de septiembre de 2013
FILOSOFÍA MODERNA I

DESCARTES, HUME, LOCKE

I. Marco histórico conceptual e filosófico

1.2. Cuestión contextual

a) Renacemento e Reforma

– Contexto socio-histórico
A idade Moderna abarca un período comprendido entre a caída de Constantinopla e a Revolución Francesa.
Entre o período medieval e a modernidade, que facemos nacer no século XVII, media un período de transición coñecidocomo o Renacemento. Este fenóme(que nace en Italia) ten como característica principal o interese polo pasado grecorromano clásico. As características mais salientables deste período son:
1. Os cambios políticos, económicos e sociais: fórmanse os primeiros estados nacionais modernos, aparece a burguesía e xorde o capitalismo máis o mercantilismo.
2. Prodúcense importantes descubrimentos técnicoscomo o compás, a cartografía e a imprenta.
3. A arte máis a literatura tamén serán expoñentes de cambio nunha fixación ao antropocentrismo.
4. Os conflitos relixiosos culminarán coa Reforma e a Contrarreforma.

– A reforma e a contrarreforma
A reforma é un movemento relixioso que xorde no século XVI no ámbito da Igrexa cristiá e que suporá o fin da hexemonía da Igrexa católica. Tivoimportantes consecuencias alí onde triunfou, pois o poder e as riquezas da Igrexa pasaron á clase media máis aos monarcas.
Comeza así a desarrollarse unha sociedade na que aparece o pensamento individualista e nacionalista, así como o de que as persoas están capacitadas para dar o seu xuízo propio en temas relixiosos. Esta sociedade resultante reclamará a liberdade de pensamento e reinvindicará unhanoción de ser humano como ser natural que é o centro do Universo, por riba do cal só está Deus.
Ao mesmo tempo a Igrexa católica vai perdendo o seu poder.

– A filosofía Renacentista
Dende a perspectiva filosófica, o Renacemento representa unha volta á cultura grecorrománica, na que destacará fundamentalmente dúas grandes correntes:
1. O humanismo: Os humanistas valorarán o ser humano dende unhaperspectiva mundana, non teolóxica. O ser humano represéntase e investígase como un ser natural e histórico. Dentro da corrente humanista haberá dúas correntes: a platónica e a aristotélica, tendo ambas en común o seu antropocentrismo e a mirada reinterpretadora do pasado clásico.
2. A corrente naturalista: Os seus representantes máis destacados foron Nicolás de Cusa e Giordano Bruno, que apoiaráa teoría heliocéntrica de Copérnico e proporá un modelo organicista do universo, o cal entende coma un organismo vivo. Ademáis afirmará que o cosmos é unha manifestación de Deus. Estas ideas acabarán por custarlle a vida.

– A ciencia moderna ou renacentista
Outro aspecto importante é a nova ciencia que comeza co rexurdir da mediciña, os estudos de mecánica, etc. Ademáis, Copérnico recupera ateoría heliocéntrica e a partir desta esténdese que moitos dos movementos dos corpos celestes non son propios deles, senón aparencias producidas polo movemento da Terra.
O heliocentrismo foi duramente atacado dende moitos frontes (relixiosos e científicos), e supoñía acabar coa visión do mundo que afirmaba que estaba dividio en dous sectores: o mundo sublunar e o mundo supralunar. A Igrexa tentoucontrolar esta imaxe do mundo que se estaba impoñendo, loitando por seguir mantendo a idea da Terra como centro da creación divina e por preservar a autoridade da fe contra o uso da razón autónoma.

b) A vinculación do empirismo e o racionalismo coa revolución científica
Unha das principais achegas do Renacemento foi a nova visión da ciencia. Unha nova visión do universo como ununiverso-máquina no que todo se explica a partir da materia en movemento. Para a nova ciencia, real é o que se pode medir e cuantificar. O cuantitativo (obxectivo) oponse ao cualitativo (subxectivo).
Os dous elementos característicos da nova ciencia foron a abstracción matemática das regularidades naturais e o emprego do método experimental. Esta é a orixe do que coñecemos como ciencia físico-matemática....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • filosofia de la filosofia
  • Filosofia
  • Filosofia
  • Filosofia
  • La Filosofía
  • Filosofia
  • Filosofia
  • Filosofia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS