Fol02
ACTIVIDADE 1.
( non puiden ver o vídeo )
a) En que se diferencian os equipos e os grupos de traballo?
A meta. Un equipo é un grupo de persoas que traballan para a consecución dun obxectivo común mentres que nun grupo cada integrante responde do seu traballo.
A sinerxía nos equipos é positiva mentres que nos grupos e no mellor dos casos neutra.
O equipo realiza unha accióncoordinada mentres que nun grupo cada membro actúa como un individuo illado.
As habilidades dos membros do equipo son complementarias mentres nos equipos son aleatorias.
A responsabilidade nos membros do equipo é ó mesmo tempo individual e colectiva mentres nos grupos e só individual
b) sinala cales son os factores importantes para o éxito do traballo en equipo. Explica a implicación que cadaun destes elementos ten no traballo en equipo.
1.complementaridade: Cada membro domina unha parte do proxecto pero todos os coñecementos son necesarios para a consecución do obxectivo, desta maneira aumenta a produtividade
2.Coordinación,o equipo cun líder ó fronte debe actuar organizado para a consecución da meta proposta así o equipo actúa como fonte de motivación
3.comunicación,ten queexistir unha comunicación fluída e eficaz.
4.confianza,cada un antepón o éxito do equipo ó propio confiando no bo facer dos demais,isto é fundamental para conseguir o obxectivo do equipo.
5.compromiso,cada un pon o mellor del mesmo
ACTIVIDADE 2.
a) Cres que o tamaño do grupo é axeitado e que se poderán alcanzar con facilidade acordos? Explícao.
O tamaño do grupo é elevado o que dificulta a tomade decisións pero tamén amplía a diversidade de opinións, xa que os expertos poñen entre 5 e 9 o número ideal de membros; o numero par ou impar dos membros do grupo neste caso non é importante xa que o veredicto ten que ser unánime.
b) Que método se utiliza para a toma de decisións? En que consiste? Cales son os seus inconvenientes? Cando se aconsella o seu uso?
As decisión tómanse porunanimidade que consiste en que todos os membros teñen que estar de acordo na decisión resolutiva.Cando se quere que a decisión tomada non sexa froito dunha votación tomada por consenso, pois neste sistema de votacións todos os membros teñen que expoñer a súa resposta de maneira que se chegue a unha conclusión unánime.
c) A persoa que dirixe a reunión é un líder, un directivo ou combina ambas as cosas?Por que?
A persoa que dirixe a reunión e un directivo xa que a autoridade ven imposta da posición xerárquica que ocupa , pero non me parece un auténtico líder ó que sigan os demais pois por exemplo non se dirixen a el para tomar a decisión de onde sentarse.
d) Que tipo de dirección aplica: autoritario, democrático, laissez-faire? En que escena se observa?
Utiliza o estilo de direcciónLaissez-faire(deixar facer),podemos observalo no minuto 3.56 onde di: “Podemos facer isto como vos pareza pois eu non vou a impor ningunha regra...”
e) Identifica os papeis que asomen os seguintes participantes, e indica se resulta positivo ou negativo para o equipo:
- Persoa con camisa branca arremangada a modo de manga curta (dirixe a reunión). Xurado nº 1.Fai o papel de xefe formal:ten poder oficialsobre o equipo e inflúe nos demais polo seu status formal, papel positivo.
- Home con chapeu e traxe de raias. Xurado nº 7.Gracioso,irrompe continuamente facéndose o gracioso e falando sobre outros temas como das entradas,facendo un papel negativo.
- Home de traxe branco asomado á ventá, que vota inocente. Xurado nº 8.Investigador,trata de obter máis información antes de tomar unha decisión,facendo un papel positivo.
- Home con camisa branca de manga longa, que está arrefriado. Xurado nº 10.Fai un papel negativo dende unha postura de desacordo cara ó que pensa diferente que el faltándolle ó respecto o que vota inocente dicindo:“sempre ten que haber un”, “sempre a mesma historia” o protestando por como se teñen que sentar facendo un papel de discutidor.
ACTIVIDADE 3.
Como...
Regístrate para leer el documento completo.