Galego
DE CARÁCTER GRAMATICAL E LÉXICO
DA LINGUA GALEGA
ÍNDICE
1. As regras de acentuación 2. Os grupos consonánticos bl, cl, fl, gl, pl, tl 3. Uso das contraccións 4. Uso do sufixo –mento 5. Uso de porque, porqué, por que e por qué 6. Uso de senón e se non 7. Uso de conque, con que e con qué 8. O xénero 9. O número 10. Uso da segunda forma do artigo 11. Dúbidas nosistema verbal 12. Utilización dos artigos 13. Colocación dos pronomes átonos no enunciado 14. Uso do complemento directo con preposición a 15. A dobre negación 16. Abreviaturas, siglas e acrónimos 17. Construcións impersoais; pasiva reflexa 18. Construcións reflexivas 19. O xerundio 20. O participio 21. Familias léxicas irregulares
ANEXO I – Relación de abreviaturas máis frecuentes ANEXO II –Relación de siglas e acrónimos máis frecuentes
ir a Indice
2
1. As regras de acentuación 1.1 Sílabas tónicas e átonas As sílabas das palabras da nosa lingua divídense en tónicas e átonas. A sílaba tónica sempre é unha, a que se pronuncia con máis intensidade ou maior forza de voz; as demais son sílabas átonas. Dependendo de onde estea colocada a sílaba tónica, as palabras divídense en agudas,graves e esdrúxulas. Nas palabras agudas a sílaba tónica é a derradeira (ca-fé; cantar; ca-mi-óns); nas graves, a tonicidade recae na penúltima sílaba (can-tan-te, móbil). Nas palabras esdrúxulas a sílaba tónica é a antepenúltima (cár-ce-re; má-go-a; nés-pe-ra). As regras de acentuación serven para recoñecer a sílaba tónica en todas as palabras, para o que se emprega o acento gráfico ou til (´) encasos regulamentados. 1.2. Acentuación das palabras agudas As palabras agudas levan til cando son polisílabas e rematan en vogal, en vogal + n, en vogal + s ou en vogal + ns. mañá, aquí, café, curmán, melón, cantís, cadrís, sofás, curmáns, melóns, algúns... Non se acentúan cando son monosílabas (di, si, non, fe), cando acaban en ditongo decrecente (cantei, seguiu, ademais, papeis) ou cando acabannoutra consoante que non sexa -n ou -s (papel, arroz, nariz). 1.3. Acentuación das palabras graves As palabras graves levan til cando rematan en consoante distinta de -n ou -s e en grupos consonánticos distintos de -ns. fácil, móbil, réptil, carácter, clímax, alférez, fórceps, bíceps... Non se acentúan, xa que logo, as palabras graves rematadas en vogal, vogal + n, vogal + s ou vogal + ns. fala,falan, falas, lapis, dolmen, canon, dolmens, canons... 1.4. Acentuación das palabras esdrúxulas As palabras esdrúxulas sempre levan til. tónico, átono, véspera, síntoma, fármaco, cágado, médico, mnemotécnica, psicóloga... 1.5. Acentuación de i, u en hiato As vogais i e u acentúanse sempre que forman hiato, isto é, cando van antes ou despois dunha vogal átona pero as dúas pertencen a sílabasdistintas (cando non forman ditongo). a-índa, contribu-íu, sa-ída, mi-údo, prexu-ízo, ru-ído, tú-a... 1.6. O acento diacrítico O acento diacrítico úsase para diferenciar palabras que se escriben igual pero que se diferencian na pronuncia, ben porque unha ten a vogal tónica aberta e a outra tena pechada (fóra / fora), ben porque unha é tónica e outra átona (dás / das). Outros casos: á (a + a artigo;‘ala’) ás (a + as artigo; ‘alas’) bóla (‘esfera’) cá (conx. ca + a artigo)
a (artigo; pronome; prep.) as (artigo, pronome) bola (‘peza de pan’) ca (conxunción)
ir a Indice
3
cás (conx. ca + as artigo) cas (prep.) chá (‘plana’) cha (che + a) chás (‘planas’) chas (che + as) có (ca + o ) co (con + o) cós (ca + os) cos (con + os) cómpre (‘é mester’) compre (‘merque’) cómpren (‘son mester’) compren(‘merquen’) dá (presente e imperat. de dar) da (de + a) dás (presente de dar) das (de + as) dó (‘compaixón’) do (de + o) é (verbo ser) e (conxunción) fóra (adverbio) fora (verbo ser e ir) má (‘ruín’) ma (me + a) más (‘ruíns’) mas (me + as) máis (adverbio e pronome) mais (conxunción) nó (substantivo) no (en + o) nós (pronome tónico; pl. de nó) nos (pronome átono; en + os) ó (a + o) o...
Regístrate para leer el documento completo.