Galeguismo
Páginas: 6 (1469 palabras)
Publicado: 25 de marzo de 2015
REXIONALISMO, PROVINCIALISMO E NACIONALISMO
A partir de mediados do século XIX, consonte ao resto de nacionalidades periféricas (Catalunya e
provincias vascas), Galiza sufriu un proceso de toma de conciencia colectiva das súas peculiaridades.
Así, foi aparecendo paulatinamente o galeguismo, un heteroxéneo movemento que ten como obxectivo a defensa de Galiza,reivindicando nun maior ou menor grao o recoñecemento dos seus intereses, a
protección do idioma propio e o autogoberno.
A situación galega nesta época era moi diferente á dos outros territorios onde estaban a aparecer nacionalismos periféricos. Fronte á incipiente —pero en plena efervescencia— industrialización que estaba ocorrer en Catalunya e Euskadi, nos ámbitos téxtil e siderúrxico,respectivamente, Galiza seguía a ser
un territorio ruralizado cunha economía agraria, atrasada e pobre. As transformacións sociais que estaba
a traer esta Revolución Industrial ao panorama catalán e vasco non ocorreron en Galiza, pois nin a burguesía, principal motor dos movementos rexionalistas cataláns, contaba coa suficiente forza, nin existía
aqui un grupo xa establecido en periodos anteriores que, dunmodo ou doutro, tivesen pretensións descentralizadoras, como era o caso dos carlistas nas provincias vascas. Iso sí, ambos os tres territorios
sufriron por igual a presión centralizadora e a marxinación na vida política do Estado.
Para entendermos por completo o galeguismo, é preciso remontarse á súa causa primeira: a supresión en
1833 do Reino de Galicia, que foi reemplazado na famosa reforma deJavier de Burgos polas catro
provincias aínda existentes na actualidade. Ata aquel momento, Galiza formara unha unidade territorial,
que desde a caída do Imperio Romano gozara un certo grao —ás veces case inexistente— de autonomía
nas súas institucións. Porén, este feito supuxo a extinción completa do suxeito político galego, o que
fixo espertar, a partires da década de 1840, á ambicióngaleguista.
O galeguismo atravesou, desde entón e ata os nosos días, diversas etapas. Na Restauración borbónica —
o periodo a estudar— mais nos seus anos precedentes pódese falar dunha progresiva evolución en canto
á ideoloxía, e polo tanto, ás demandas, que este movemento realizou, que se plasmou, a trazos xerais, na
sucesión de tres fases: a provincialista, a rexionalista e a nacionalista.
Oprovincialismo supuxo o primeiro chanzo de cara á construción do galeguismo, aínda que sen unha
carga ideolóxica clara e homoxénea. Comezou a xurdir na década dos 40 no seo dun grupo de mozos
universitarios preocupados por diversos aspectos relacionados co noso país, que, preocupados pola súa
terra galega, o atraso no que estaba sumida e o desprezo co que se lles consideraba, fomentaron a
creación deasociacións como Sociedade Patriótica e Acción Literaria. Nestes círculos, nos que se disertaba sobre temas como a lexitimidade da pena de morte, o socialismo fourierista ou a emancipación
da muller, comenzaron a destacar personalidades como Antolín Faraldo, Antonio Romero Ortiz e Francisco Añón. Estes, conscientes do carácter diferencial de Galicia (lingua, historia, economía, folclore…),
comezaron apublicar activamente —aínda en castelán— escritos nos que deixaban patente a súa preocupación polo atraso que Galiza estaba a sufrir.
Foi en 1846 —ano que da nome á xeración dos intelectuais anteriormente citados— cando se considera
realmente que se deu o inicio do galeguismo. As denuncias feitas por estes persoeiros come-zaron a
callar e transformáronse no principio das reivindicacións de autogoberno,que acabaron por desembocar, o 2 de abril, nun pronunciamento militar realizado en Lugo e encabezado por Miguel Solís, que,
desde unha óptica progresista oposta ao executivo moderado daquel momento, tiña como obxectivo a
recuperación de Galicia como única provincia que mantivese a unidade administrativa, social, cultural e
económica. Para isto, creouse a Xunta Superior do Reino de Galicia, na...
Leer documento completo
Regístrate para leer el documento completo.