Gallego Literatura 10 11 14

Páginas: 9 (2032 palabras) Publicado: 18 de junio de 2015
Tema 11 Literatura Galega: A Ilustración
Introdución
No século XVIII vaise a producir en Galicia un novo ambiente cultural, que anuncia o rexurdir da nosa literatura no século XIX, sobre todo grazas á figura de Martín Sarmiento e o seu interese pola lingua galega.
A partir da metade do século XVIII, Galicia será o centro de interese da obra de moitos ilustrados galegos. O galego empeza ainteresar xa como obxecto de estudo a Sarmiento, Cornide e Sobreira. A carón disto, xorde o interese pola literatura popular.

A Ilustración Galega
Ten personalidade propia, debido á modernización da economía galega na segunda metade do século XVIII e ao descubrimento de Galicia como realidade diferente, que levará aos ilustrados a preocupárense polo estudo da realidade para mellorar a sociedade poracrecentar o nivel educativo da poboación. Créanse asociacións que pretenden a reformas das estruturas e da economía do país.
A ilustración galega deu un cambio cualitativo a partir da viaxe que Martín Sarmiento fixo por Galicia en 1745. Galicia é unha preocupación esencial para os ilustrados. Moitos escrbirán algo en galego, aínda que a maior parte da produción literaria galega era oral. Serán taménos ilustrados os descubridores desta riqueza.

O Cura de Fruíme
Diego Antonio Cernadas y Castro, o Cura de Fruíme, foi a figura literaria máis prestixiosa da Galicia do século XVIII. Amosou sempre unha actitude clara e enérxica en defensa de Galicia contra os agravios que os foráneos lle inflixían. Esa defensa ten no seu caso dous tns diferentes: un enérxico e outro humorístico, e e este último oque predomina.

Martín Sarmiento
Pedro José García Balboa, frade bieito que toma o nome de Martín Sarmiento. Nado en Vilafranca do Bierzo, criouse en Pontevedra e en 1710 ingresa na orde de San Bieito, residindo fóra de Galicia. Trasládase a Madrid, onde cada fama de erudito e goza do respecto dos ilustrados españois.
EN 1745 viaxa a Galicia, percorréndoa durante sete meses, observando todo tipode plantas, animais e vexetais, tomando nota dos seus nomes en galego. De aquí xurdirá o seu 'Viaje a Galicia', as 'Coplas de 24 gallegos rústicos' ou o 'Catálogo de voces y frases de la lengua gallega'. Volve en 1754 e demórase no país ano e medio, sempre recollendo datos, para logo redacta A súa maior contribución ao galego foron as 1200 coplas do 'Coloquio de 24 gallegos rústicos', feitas para compendiar un vocabulario galego, pois pretende escribir igual que o pobo que fala.

Cornide Saavedra
Xosé Cornide Saavedra destacou na sñua época como historiador, xeógrafo e economista, pero tamén se preocupou portemas educativos e de historia natual, Interesouse pola lingua galega. No seu 'Catálogo de palabras gallegas' recolle cplas de tradición popular.
En lingua galega coñecemos da súa autoría tres poemas: unha composición longa describindo a representación dunha comedia en Sada, unha décima satírica e un soneto neoclásico, 'A Filida', quizais o mellor texto literario do século XVIII.

Os irmáns FeijooMontenegro
Benito Jerónimo Feijoo Montenegro, tamén coñecido como o Padre Feijoofoi a máxima figura da Ilustracion española. Era galego de nacemento e, malia ter dedicado páxinas da súa extensa obra a Galicia e aos galegos, non conservamos ningún escrito seu na nosa lingua. O Padre Feijoo teimou en demostrar no seu tempo que o galego non era castelán mal falado senón unha lingua romance, irmá docastelán e lingua xemelga do portugués.
Os seus irmáns foron Anselmo e Plácido Feijoo Montenegro, dos que si conservamos algunha obra en galego.

Tema 10 Literatura Galega: Os séculos escuros. Marco histórico e cultural
Introdución
Mentres Portugal e Castela viven un período de esplendor, o galego sofre durante os séculos XVI, XVII e XVIII, unha etapa de abandono que afecta á literatura culta e á...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Literatura gallega tema 11
  • CONAGO Aguascalientes 10 10 14
  • Literatura Gallego 2
  • Tarea3 11 14
  • 14 11 TCI Español
  • 14/11/12
  • FINAL 11 12 14
  • Paquetes de software 11

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS