gato

Páginas: 6 (1271 palabras) Publicado: 12 de diciembre de 2013
Gato
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Gato (homónimos).
Gato
Cat poster 2.jpg
Estado de conservación
Domesticado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Felidae
Xénero: 'Felis'
Especie: ''F. catus''
Nome binomial''Felis catus''
Linnaeus, 1758
Sinonimia
Felis silvestris catus (sinónimo subxectivo)
Felis catus domestica (sinónimo inválido)[1]

O gato (Felis silvestris catus ou Felis catus) é un mamífero doméstico da familia dos felinos, con unllas retráctiles, carnívoro, de pelaxe espesa e suave. Crese que o gato salvaxe africano (Felis silvestris lybica) é o seu antergo máis inmediato.[2]
Índice[agochar]
1 Características
2 Clasificación científica
3 Domesticación
4 Historia e mitoloxía
5 Galería de imaxes
6 Notas
7 Véxase tamén
7.1 Bibliografía
7.2 Outros artigos
Características[editar | editar a fonte]

O gato doméstico (Felis silvestris domesticus) oscila normalmente entre os 3 e os 8 kg de peso. Algúns gatos, coma os da raza ragdoll, poden pesar máis de 8 kg. Os gatosdomésticos viven uns 15 anos se reciben bos coidados. Non obstante, o gato máis lonxevo documentado viviu 34 anos. Na rúa, suxeitos a presións pola comida, o territorio e as enfermidades, os gatos non acostuman vivir máis de dous anos.
Os gatos teñen unha gran variedade de pelaxes e cores, aínda que a grandes trazos adoita facerse a distinción entre razas de pelaxe longa e de pelaxe curta. Comocuriosidade, a raza sphinx non ten pelo. A meirande parte de gatos no mundo (99%) son de raza mixta, e o 1% restante son de raza pura [Cómpre referencia]. Algúns destes últimos participan nas innumerábeis exposicións de gatos que se realizan en diversos lugares.
O rabo serve para manter o equilibrio, e pode variar moito en tamaño. Nos gatos da raza manx é inexistente. Os seus dentes e poutas estánadaptados ao seu estilo de vida carnívoro.
As femias están preñadas 55 días e paren entre 2 e 6 crías, ás que dan de mamar entre 3 e 4 semanas. Os gatiños nacen cos ollos pechados, e así permanecen os primeiros días de vida.
Conforme ao seu tamaño, os gatos ben poden ser o mellor dos depredadores cunha taxa de éxito que rolda o 90%. O gato ten unha arquitectura corporal que lle dá enormeflexibilidade, resistencia e forza. Pode cazar e comer máis de cen especies distintas, e utiliza as técnicas de depredación dos demais felinos: axexar con paciencia, turrar con rapidez e propinar unha trabada certeira á caluga da presa que lle crebe a medula espiñal ou a asfixie.[3] and roughly 20,000 genes.[4]
Clasificación científica[editar | editar a fonte]

O gato doméstico fou denominado Felis catuspor Carolus Linnaeus na súa obra Systema Naturae, de 1798. Johann Christian Daniel von Schreber chamou Felis silvestris ao gato salvaxe en 1775. Hoxe sábese, porén, que é unha das subespecies do gato salvaxe.
Na opinión Nº 2027, publicada no Volume 60 (Parte I) do Bulletin of Zoological Nomenclature (31 de marzo de 2003), a Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica confirmou a utilizaciónde F. silvestris para denominar ao gato salvaxe e F. silvestris catus para as subespecies domésticas.
Johann Christian Polycarp Erxleben chamou Felis domesticus ao gato doméstico nas súas obras Anfangsgründe der Naturlehre (Razóns iniciais para estudar a natureza), de 1772, e Systema regni animalis, de 1777. Este nome, e tamén as súas variantes Felis catus domesticus e Felis silvestrisdomesticus, son vistos a cotío, pero non son nomes científicos válidos baio as regras do Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica.
Domesticación[editar | editar a fonte]

Como animal de compañía, é unha das mascotas máis populares en todo o mundo. Debido a que a súa domesticación é relativamente recente, poden vivir en ambientes silvestres formando pequenas colonias. A asociación do gato cos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Gatos
  • Gatos
  • Soy gat
  • Gatos
  • Gatos
  • Gato
  • La Gata
  • gatos

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS