gatos
Os gatos teñen unha gran variedade de pelaxes e cores, aínda que a grandes trazos adoita facerse a distinción entre razas de pelaxe longa e de pelaxe curta. Como curiosidade, a raza sphinx non ten pelo. A meirande parte de gatos no mundo (99%) son de raza mixta, e o 1% restante son de raza pura [Cómpre referencia]. Algúns destes últimos participan nas innumerábeis exposicións de gatos quese realizan en diversos lugares.
O rabo serve para manter o equilibrio, e pode variar moito en tamaño. Nos gatos da raza manx é inexistente. Os seus dentes e poutas están adaptados ao seu estilo de vida carnívoro.
As femias están preñadas 55 días e paren entre 2 e 6 crías, ás que dan de mamar entre 3 e 4 semanas. Os gatiños nacen cos ollos pechados, e así permanecen os primeiros días de vida.Conforme ao seu tamaño, os gatos ben poden ser o mellor dos depredadores cunha taxa de éxito que rolda o 90%. O gato ten unha arquitectura corporal que lle dá enorme flexibilidade, resistencia e forza. Pode cazar e comer máis de cen especies distintas, e utiliza as técnicas de depredación dos demais felinos: axexar con paciencia, turrar con rapidez e propinar unha trabada certeira á caluga dapresa que lle crebe a medula espiñal ou a asfixie.[3] and roughly 20,000 genes.[4]
Clasificación científica[editar | editar a fonte]
O gato doméstico fou denominado Felis catus por Carolus Linnaeus na súa obra Systema Naturae, de 1798. Johann Christian Daniel von Schreber chamou Felis silvestris ao gato salvaxe en1775. Hoxe sábese, porén, que é unha das subespecies do gato salvaxe.
Na opinión Nº2027, publicada no Volume 60 (Parte I) do Bulletin of Zoological Nomenclature (31 de marzo de 2003), a Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica confirmou a utilización de F. silvestris para denominar ao gato salvaxe e F. silvestris catus para as subespecies domésticas.
Johann Christian Polycarp Erxleben chamou Felis domesticus ao gato doméstico nas súas obras Anfangsgründe derNaturlehre (Razóns iniciais para estudar a natureza), de 1772, e Systema regni animalis, de 1777. Este nome, e tamén as súas variantes Felis catus domesticus e Felis silvestris domesticus, son vistos a cotío, pero non son nomes científicos válidos baio as regras do Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica.
Domesticación[editar | editar a fonte]
Como animal de compañía, é unha das mascotas máis popularesen todo o mundo. Debido a que a súa domesticación é relativamente recente, poden vivir en ambientes silvestres formando pequenas colonias. A asociación do gato cos humanos levouno a figurar prominentemente na mitoloxía e en lendas de diferentes culturas, incluíndo ás civilizacións exipcia, xaponesa, chinesa e escandinava.
É un animal instintivamente cazador. Os gatos en liberdade viven de formasemisalvaxe e cazan ratos e ratas, entre outras especies, que doutro xeito comerían importantes cantidades de gran. Os domésticos capturan insectos, ratos e pequenos paxaros instintivamente, aínda que xeralmente non os consumen. Incluso, as presas poden ser utilizadas como obsequio para o dono.
Son preferidos polos seus hábitos de limpeza, polo seu baixo nivel de atención e coidados requiridospara a súa manutención. Segundo un estudio publicado na edición da revista Naturecorrespondente á cuarta semana do mes de xuño de 2007, os ancestros dos actuais gatos domésticos comezaron a separarse das liñas salvaxes hai entre 130.000 a 100.000 anos; outro publicado na revista Science confirmaba este dato, indicando que os gatos domésticos actuais descenden dun grupo de cinco gatos salvaxes...
Regístrate para leer el documento completo.