Geografia

Páginas: 6 (1403 palabras) Publicado: 8 de diciembre de 2012
SECTOR PRIMARIO

Abrangue actividades relacionadas coa obtención de alimentos para o consumo humano e animal, e materias primas para a industria. Outra definición sería a das actividades que obteñen os recursos directamente da natureza, sen ningún tipo de transformación. Estas actividades son: agricultura, gandería, pesca, explotación forestal.

[pic]






[pic]
Distinguiremosentre a agricultura de subsistencia, agricultura comercial e agricultura especulativa.


AGRICULTURA DE SUBSISTENCIA: ou tradicional. Adica a maior parte do traballo e solo a produtos para o autoconsumo. As técnicas de cultivo son rudimentarias. O campesiño traballa coas súas propias mans e algunha ferramenta rudimentaria. Os rendementos son moi baixos e os excedentes practicamenteinexistentes.


[pic]
AGRICULTURA DE MERCADO: Practícase en América do Norte, Europa Occidental, Xapón, Australia, Nova Zelandia e algunhas zonas de Arxentina. É unha agricultura comercial, que utiliza os avances tecnolóxicos (maquinaria, fertilizantes, herbicidas e pestecidas) e, xa que logo, de alta produtividade.
A mecanización e os avances científicos permiten altos rendementos con pouca man de obra.Este tipo de agricultura ten dous grandes obxectivos: aumentar as vendas e reducir os custos, que se consegue mediante a mecanización do agro, a especialización de produtos agrarios e a rápida comercialización dos produtos.
Os modelos máis representativos son a agricultura europea, a agricultura dos países novos e a agricultura de plantacións.

[pic]
A GANDERÍA: consiste na cría de animaispara obter determinados produtos (carne, leite, ovos, coiro, la, etc) e como forza de traballo para os labores agrícolas e para a reprodución. A gandería tivo a súa orixe no Neolítico coa cría de cabras, ovellas e porcos. Actualmente os tipos de gando máis numerosos no mundo son: bovino, ovino, porcino, caprino e equino.
[pic]

Segundo a forma como se cría, a gandería pode ser:
-Estabulada: ogando aliméntase con pensos en granxas ou cortes. Constantes controis sanitarios e de calidade dos produtos. Europa e EEUU.
-Semiestabulada: alimentado de pastos naturais no verán e forraxes no resto do ano. Na zona atlántica de Europa, de EEUU, Nova Zelandia.
-Non estabulada: animais alimentados de pastos naturais. Gandería extensiva dedicada á obtención de carne. Oeste dos EEUU, Arxentina,Australia e República de África do Sur.


A PESCA: baséase no aproveitamento dos recursos animais que ofrece o mar.

[pic]

PRINCIPAIS CALADOIROS: ou lugares do mar onde as capturas de peixe son máis abundantes. Estes son:
- Zonas con plataforma continental máis extensa, con augas pouco fondas, axitadas polas correntes e con temperaturas adecuadas. Mar do Norte e Mar do Xapón.
-Zonas de contacto entre correntes mariñas frías e cálidas, con moito plancto. Terranova e Mar do Xapón.
- Zonas costeiras próximas ás correntes mariñas frías, con abundante plancto. Norte de Chile (corrente de Humboldt), Costas de Angola (corrente de Benguela).
PROBLEMAS DA PESCA: a sobreexplotación e falta de caladoiros pola ampliación das augas xurisdicionais a 200 millas mariñas. Tamén acontaminación das augas das costas.
Para solucionar o problema da sobreexplotación: uso obrigatorio de redes de malla ancha, control do tamaño mínimo, establecemento dunha temporada de veda e limitación da capacidade das frotas pesqueiras.
A acuicultura é a solución que ofrece alternativas máis interesantes aos problemas da pesca.
-----------------------
FACTORES FÍSICOS QUE CONDICIONAN ASACTIVIDADES AGRARIAS

CLIMA: temperaturas excesivamente altas ou baixas, escaseza de precipitacións, ventos fortes e constantes limitan ou impiden os cultivos. Solución: invernadoiros, regadío, etc

RELEVO: cultivos nas chairas e vales. As pendentes e os fortes relevos dificultan a agricultura. Solución: terrazas e socalcos. Ao aumentar a altitude, diminúen as temperaturas.

SOLO: distínguese...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Geografia
  • Geografia
  • Geografia
  • Geografia
  • Geografia
  • Geografía
  • Geografia
  • Geografia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS