geraçom beat

Páginas: 6 (1421 palabras) Publicado: 10 de mayo de 2013

Jack Kerouac.

Jack Kerouac é un escritor de procedencia francocanadiense nado no ano 1922 e que se converte no escritor paradigmático da Xeración Beat, o propio autor fala da xeración como unha visión, compartida con John Clellon Holmes e incluso Allen Ginsberg, en torno a unha xeración de tolos, iluminados, hipsters... e aínda que a palabra “beat” significa abatido ou marxinado, aínda quepletórico de intensa confianza, nunca significou delincuentes xuvenís, senon personaxes cunha espiritualidade especial que non mostraban oposición a nada.1

Será con dezasete anos cando comece a súa andaina literaría, e farao influenciado por autores como E. Hemingway, W. Sarojan, T.Wolfe e J. London, ata que descubre ao que el mesmo considerará o seu mestre, H.Miller. Durante os seus anos deliterato adicarase á busqueda dun estilo propio, ao que autodenominou “prosa espontánea” ou “kickwriting”, usando a espontaneidade na escrita como método, unha escrita xurdida no éxtase, fuxindo das formalidades prosódicas para tentar reflexar máis fielmente a realidade tal e como esta se manifesta, usando un mínimo emprego da puntuación e dando unha importancia superior á oralidade e á sonoridadeda propia escrita.

Baseará a súa escrita dende os comezos na experiencia persoal, así a súa primeira obra The Town and the City será o resultado das súas propias dificultades para vivir na metrópole; a experiencia traumática de con catro anos de idade vivir a morte do ser irmán será reflexada ao escribir, no 1956, Visions of Gerar(publicada no 1963). Ao igual que compañeiros da Xeración BeatKerouac sentiuse interesado polas lecturas orientais e o Zen converténdose ao budismo e propiciando a súa expansión por occidente; neste interese pola cultura oriental fará unha viaxe co poeta Gary Snyder a California, froito desta viaxe escribirá The Dharma Bums.

O contacto con outros escritores contemporáneos cos que formará a denominada “Xeración Beat” darase a partires do 1957, ano no queescribirá a súa obra máis importante e estandarte de toda a xeración, On the road, nesta obra retrátase a intensa vida cotiá de varios protagonistas como o mesmo Kerouac, Cassady, Corso, Ginsberg e Burroughs; a través dunha nova maneira literaria que se constrúe en torno á experiencia na estrada froito de diversas viaxes, acompañando estas experiencias vitais coa droga, sexo, jazz e bebida. Esta obrainfluenciou directamente á xuventude americana para quenes a estrada alcanzou o significado de liberdade e aventura.

Kerouac morrerá novo, aos 47 anos vitima dun derrame causado pola cirrose resultado da súa adicción ao alcol.

Neal Cassady.

Neal Cassady nace no 1926 no seo dunha familia desestructurada e comeza a súa actividade delictiva a unha idade precoz “Roubei o meu primeiro cocheaos catorce anos” diría o autor; así, pasou, ao longo da súa xuventude, por diversos reformarios onde se aficionou a Schopenhauer e Nietzche, estas estancias deixaron unha marca profunda no seu percorrido vital converténdose nun nómada que se sentía constantemente acosado pola policía.

Será no 1946 cando H. Chase lle presente a J. Kerouac, o escritor diria ver no xoven delincuente “a un heroe dovello Oeste (...), un estoupido salvaxe e afirmativo de pura ledicia americana”. Kerouac instalaráse na casa de Cassady e farase amante da súa muller (Carolyn) co consentimento deste. Un ano despoixa dese primeiro encontro comezarán a primeira das viaxes que inspirarán On the road; haberá quen afirme que Kerouac imita a prosa de Cassady ao escribir este libro; Nesta obra Kerouac describirá aCassady como Dean Moriarty, o autor utilizarao como modelo para as súas narracións, relegándoo, en certo modo, a un permanente segundo plano.

A súa primixenia intención de ser escritor transformouse case nunha meta persoal para alcanzar a estatura literaria dos seus compañeiros, e aínda que Cassady levará o paradigma Beat ao límite, a súa obra escrita será a título póstumo e reducirase a unha...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • BEAT
  • Beatos
  • beat
  • Beato
  • la generacion beat
  • beat superviviente
  • beat maquer
  • • Beat Withees •

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS